-O actual decreto en vigor só implica que o 50% das materias deben impartirse en lingua galega
-Na actual enquisa pregúntase sobre a lingua na que se desexa que se cursen as MATERIAS TRONCAIS, queremos aclarar que na maioría dos casos os alumn@s só cursan 1, 2, 3 ou como moito 4 desas materias, polo tanto en ningún caso estamos elixindo que todo o ensino dos nosos fill@s sexa en galego, nin sequera sería posible elixir o 50% en galego.
-Por todo isto
Marcar a opción galego (en Infantil e FP) e todo en galego (en Primaria e Secundaria), estarían a indicar que queremos en galego as materias que hoxe se deben impartir na nosa lingua, tal e como indica o decreto en vigor. Non significaría, por tanto, que optemos por todo o ensino en galego, pois esta opción non se considera.