Por Galicia Confidencial | Galicia | 17/07/2009 | Actualizada ás 08:33
Estas son os programas de axudas e subvencións aprobados por Emigración en resolución do 17 de xuño:
* Programa 1: Axudas a entidades galegas no exterior para a prestación de servicios socioasistenciais en favor das persoas de orixe galega residentes no exterior e os seus descendentes.
* Programa 2: Axudas para promover a realización de exposicións, conferencias, cursos de formación e actividades asociativas propias das entidades galegas no exterior.
* Programa 3: Axudas para a edición de libros, publicación de revistas e outras accións de carácter informativo.
* Programa 4: Axudas para a realización de proxectos promovidos pola xuventude.
* Programa 5: Axudas para o financiamento dos gastos de funcionamento das entidades galegas no exterior.
* Programa 6: Axudas para a contratación de grupos musicais, de teatro e outras manifestacións culturais.
* Programa 7: Axudas para a subscrición a publicacións e revistas de carácter periódico.
* Programa 8: Axudas para a adaptación dos nomes e reforma dos estatutos das entidades galegas no exterior.
Noutra orde tamén do 17 de xuño se recollen as axudas e subvencións correspondentes aos programas de apoio infraestrutural ás comunidades galegas no exterior para o exercicio 2009 que son:
1. Programa A: Axudas a entidades galegas no exterior para a reforma, reparación, conservación e mantemento das súas instalacións.
2. Programa B: Axudas a entidades asociativas de emigrantes galegos no exterior para a mellora de dotacións e equipamentos.
3. Programa C: Axudas para o acondicionamento e dotación e/ou renovación de fondos das blibliotecas pertencentes ás entidades galegas no exterior.
4. Programa D: Axudas para a restauración e catalogación do patrimonio artístico, bibliográfico e documental titularidade das entidades galegas no exterior.
Por outra banda, denuncian a supresión de tres cursos, previstos na Convocatoria do Programa Escolas Abertas presenciais 2009 por "motivos políticos". Trátase dos cursos de gaita tradicional galega e Baile tradicional galego en Bos Aires e Baile tracional galego en Montevideo que, segundo nos informan, eran impartidos ata agora por asociacións próximas ao PSOE.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.