A illa de Toralla volta ao dominio público

Medio Ambiente abrirá unha senda peonil pública arredor da Illa de Toralla nun proxecto que recuperará e acondicionará 26.500 m2 da illa como espazo público...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 17/10/2009 | Actualizada ás 00:44

Comparte esta noticia

None

O Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino tomou nota e anunciou xa a inminente recuperación da servidume de tránsito ao longo de todo o perímetro da illa, nunha actuación que leva aparellada a recuperación de 26.500 m2 de terreo público e o seu acondicionamento para uso e disfrute de todos e todas. Na actualidade a cidadanía non pode acceder a estes terreos de dominio público por atoparse ilegalmente pechado o paso aos mesmos. Segundo informa o Ministerio estas obras serán contratadas proximamente.

Dous millóns de euros de orzamento

As actuacións consistirán "no trazado dunha senda peonil de 3 m. de ancho a ambos os dous lados da ponte e ao longo de 370 m., por servidume de tránsito, igual que nun pequeno tramo de 90 m. no extremo oeste da illa. O resto do perímetro da illa correspóndese con tres zonas de dominio público marítimo terrestre situadas dous delas ao norte, cunha superficie de 19.000 m2 e 4.000 m2. e a terceira ao sur, de 3.500 m2. O proxecto, que conta cun presuposto de dous millóns de euros, incluirá o acondicionamento destas tres áreas correspondentes a antigas concesións co fin de recuperalas para uso e goce de todos e todas".

A pesar do anuncio e da satisfacción desta medida A Ría Non Se Vende aclara que:

1. Consideramos un erro de redacción afirmar que a senda peonil proxectada discurrirá "pola zona de servidume de tránsito". Loxicamente terá que situarse detrás desa zona, pois o contrario conculcaría o disposto na propia lei de costas.

2.  Preguntámonos como ese proxecto non cumpliu o preceptivo trámite de exposición pública.

A RÍA NON SE VENDE considera este éxito nas súas reivindicacións soamente como un primeiro paso. O próximo obxectivo é a eliminación da barreira que impide o paso aos terreos comunais do interior da illa, terreos que gozan dos servizos municipais que pagamos tod@s e deben ser polo tanto tamén para o disfrute de tod@s.

Queremos compartir a ledicia desta nova con tódalas persoas e colectivos que participaron e participan na reivindicación e defensa dos espazos públicos da Ría de Vigo. Nesta ocasión cómpre felicitar especialmente aos nosos compañeiros e compañeiras do Colectivo Xogo Descuberto que levan anos encabezando a loita pola recuperación dos espazos públicos de Toralla. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

6 anónimo

e si quitaran ese edificio, os chalés e a ponte, millor aínda

5 AMALAIA

BONITA FOTO

4 anónimo

ole, ole y ole, con un par.
Si tal, pedimos uns cantos que non deixen urbanizar as Cies ou Ons (da igual que sexa un espacio natural ou protexido, quen manda manda e cando se fixo o de Toralla sabemos quen mandaba) con acceso restrinxido (hasta ahi podia chegar, que a plebe/populacho poda ir aos mesmos sitios ca min). Pois mira, a min molestame o estatus actual da illa, por min que se derrube o feito, indemnizando iso si ao mesmo precio que conseguiron alguns o seu terreo ali. Eran outros tempos, claro.

Privado o sea telojuro, como fue siempre entre gente de buena familia.

3 Emilio

no sé a quien le molesta el actual estatus de la isla...a mi que la isla tenga el acceso restringido, xq han sido ellos los que la han urbanuzado en su momento y respeten las disposiciones correspondientes...para que buscar el enfrentamiento!!

2 Xandokas

Hai que derribar ese garito. Inclumple a Lei de Costas.