Dúas persoas mortas tras precipitarse por unha ponte en Ourense

Segundo as fontes consultadas podería tratarse dun caso de sucidio dunha nai e dun fillo.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 05/08/2019 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Dúas persoas terían falecido no que parece ser un caso de suicidio en Ourense ao precipitarse desde o alto dunha pasarela á estrada N-120.

Segundo confirmaron fontes consultadas por Galicia Confidencial, os falecidos poderían ser nai e fillo, aínda que este feito non está aínda corroborado. A muller tería en torno aos 70 anos de idade e o home, sobre 27.

A Policía Local de Ourense confirmou o incidente que se tería producido en torno ás 13.00 horas deste luns nunha zona moi próxima á Estación de Autobuses da cidade das Burgas. Ao parecer, as dúas persoas serían de Barcelona.

Pasarela sobre a N-120, preto da Estación de Autobuses de Ourense
Pasarela sobre a N-120, preto da Estación de Autobuses de Ourense | Fonte: Google maps

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta