Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/08/2019 | Actualizada ás 13:30
A Xunta de Galicia informou da apertura do prazo de inscrición para os mozos de entre 18 e 30 anos que estean interesados en participar como voluntarios no Festival da Luz, que se celebrará entre o 6 e o 8 de setembro en Boimorto (A Coruña).
Nesta ocasión, ofértanse un total de 20 prazas, que serán adxudicadas por orde de inscrición. A iniciativa enmárcase no programa SON Voluntario, da Dirección Xeral de Xuventude.
Os mozos e mozas que participen poderán acceder ao festival e recibirán un certificado de experiencias voluntarias expedido pola Dirección Xeral de Xuventude.
En canto ás obrigacións, deberán realizar un curso básico de voluntariado e asistir a unha reunión previa á celebración do festival para establecer todas as cuestións de organización, solucionar dúbidas e recoller as identificacións. Os gastos de transporte e hospedaxe, de ser necesarios, correrán ao seu cargo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.