Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/08/2019 | Actualizada ás 14:00
A Cidade da Cultura, no compostelán monte Gaiás, acolle na noite deste xoves e venres (21,00 horas) a exposición 'Pensar coas mans', na que se poderá coñecer a través de expertos os oficios e as creacións de cestaría, cerámica e xoiaría de Galicia.
Esta cita enmárcase no ciclo 'Nocturnas', que continuará tamén os días 5 e 6 de setembro. Así, faranse pases reducidos para 30 persoas nuns encontros que inclúen música e petiscos. As entradas están á venda en cidadedacultura.gal e ataquilla.com.
O xoves, 29 de agosto, contará coa visita do especialista en xoiaría tradicional e doutor en Belas Artes pola Universidade de Vigo Fernando Martínez Vilanova. Xa o venres, 30 de agosto, será a quenda da responsable do Departamento de Conservación do Museo do Pobo Galego, Belén Sáenz-Chas, que profundará na tradición de cestaría galega.
En setembro o ciclo centrarase na cerámica da man da experta María García-Alén, mentres a última xornada correrá a cargo da comisaria da mostra, Verónica Santos Farto, quen ofrecerá unha visión global da exposición.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.