Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/09/2019 | Actualizada ás 14:45
Nun comunicado, a formación frontista expresa o seu compromiso con "o lexítimo dereito á autodeterminación dos pobos", o seu apoio ao movemento soberanista catalán e a solidariedade cos "presos e presas políticas".
De feito, o pasado luns, Ana Miranda acudiu ao cárcere de Lledoners (Barcelona) para visitar ao exvicepresidente da Generalitat Oriol Junqueras, ao exconseller Raül Romeva e ao presidente de Òmnium Cultural, Jordi Cuixart, que se atopan en prisión preventiva pola causa independentista.
Este mércores 11 de setembro, a delegación do BNG desprazada a Cataluña --integrada tamén polo secretario de Organización, Bieito Lobeira, e o responsable de Relacións co Estado e director da Fundación Galiza Sempre, Rubén Cela-- participou na ofrenda floral diante do monumento a Rafael Casanova e, a continuación, nun panel sobre política internacional.
Así mesmo, a axenda do Bloque tamén incluíu un encontro celebrado o pasado martes no que os socios da coalición Agora Repúblicas, formada por BNG, Bildu e ERC para as eleccións europeas do pasado mes de maio. A cita tivo como obxectivo avaliar os resultados dos devanditos comicios e definir a estratexia na recentemente iniciada lexislatura en Bruxelas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.