Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/09/2019 | Actualizada ás 00:49
A Consellería de Medio Rural activou a situación 2 como medida preventiva ante a proximidade a vivendas dun incendio forestal declarado a tarde deste xoves en Portugal e que afecta a Gudiña, parroquia de Barxa (Ourense), onde ardeu xa unha superficie estimada de 440 hectáreas.
O incendio orixinouse en Portugal e sobre as 19.07 horas entrou en Galicia. Como medida preventiva, a Xunta declarou o venres situación 2 ante a proximidade das chamas ao núcleo do Seixo; situación que foi desactivada na mañá do sábado.
Nos labores de control e extinción colaboraron un técnico, oito axentes, 24 brigadas, catro pas, así como catro helicópteros e dous avións.
Para combater o fogo solicitouse a actuación da UME, con 85 militares e 25 vehículos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.