Concentración na Coruña en apoio á familia do mozo desaparecido en Ortigueira e de denuncia por falta de medios

Un manifesto lido polo irmán e os pais de Yago pregúntase "por que non se achegaron os mesmos medios que noutros casos" máis mediáticos.

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 15/09/2019 | Actualizada ás 19:09

Comparte esta noticia

A familia de Yago de la Puente, o coruñés de 28 anos desaparecido en Ortigueira o pasado 14 de xullo, organizou este domingo unha concentración na Praza de Pontevedra da Coruña para dar visibilidade ao "problema" das desaparicións e na que se leu un manifesto no que apelan ao mozo: "Dinos simplemente 'estou vivo'".

Concentración na Coruña pola desaparición do mozo en Ortigueira o pasado mes de xullo
Concentración na Coruña pola desaparición do mozo en Ortigueira o pasado mes de xullo | Fonte: Europa Press

A manifestación, que contou coa participación de centos de persoas, tivo como obxectivo pedir máis medios e evidenciar o "problema" existente con relación á eficacia e procura de persoas desaparecidas. A través das redes sociais, foi secundada pola etiquetas #SOSYago.

Durante o encontro, os pais e o irmán de Yago procederon a ler un manifesto dirixido en primeiro lugar ao propio mozo e en segundo termo a todas as persoas que colaboraron na procura, organizacións de desaparecidos, forzas de seguridade e medios de comunicación, pola súa implicación.

O texto tamén conta como Yago volvía do Festival de Ortigueira nun tren dirección a Ferrol e na parada de Cerdido decidiu baixarse para buscar un bus que o levase á Coruña. Tras ser avistado deambulando pola zona nas seguintes 36 horas, desapareceu.

SOS DESAPARECIDOS

O coordinador de SOS Desaparecidos en Galicia, Wenceslao Yánez lembrou que Yago abandonou Ortigueira o día 14 de xullo e non foi ata o 21 de xullo "cando se iniciou a primeira batida".

Desta forma, o representante da organización denunciou que "todas as desaparicións son de alto risco", con relación á consideración por parte das autoridades de que se trataba dunha desaparición voluntaria, o que lles instaurou nun nivel de "impotencia moi alto".

De feito, o propio manifesto lido polo irmán de Yago pregúntase "por que non se achegaron os mesmos medios que noutros casos" máis mediáticos, en referencia velada á desaparición da esquiadora Blanca Fernández Ochoa.

Así mesmo, Wenceslao Yánez destacou que "aínda que seguirán buscando a Yago dentro das súas posibilidades", consideran necesario que se visibilice "o problema" existente. Segundo SOS Desaparecidos, "ao ano desaparecen máis de 20.000 persoas" das cales están activadas "máis de 12.000 alertas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta