Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/09/2019 | Actualizada ás 18:10
A consellería do Medio Rural confirmou este luns a extinción dos incendios forestais nas localidades ourensás da Gudiña e Riós, tras calcinar en total ambos os lumes máis de 400 hectáreas.
O lume no municipio ourensán na Gudiña, que calcinou máis de 350 hectáreas, declarouse como extinguido ás 12,00 horas deste luns, segundo confirmou a Xunta.
Doutra banda, o Executivo ratificou que o incendio forestal de Riós, tamén en Ourense, está apagado por completo desde a mesma hora, tras arrasar máis de 50 hectáreas.
Segundo as estimacións da Xunta, na extinción de ambos os lumes traballaron 23 axentes, 65 brigadas, 31 motobombas, 11 helicópteros e 5 avións.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.