Por Galicia Confidencial | Ourense | 17/09/2019 | Actualizada ás 11:08
A Consellería do Medio Rural informou da extinción do incendio rexistrado no concello ourensán de Chandrexa de Queixa, tras queimar 19 hectáreas, segundo o último balance provisional. Unha extinción no que axudaron a auga que caíu nas últimas horas debido as tormentas que afectan a varios puntos de Galicia.
Tal e como informou o departamento autonómico, o incendio afectou á parroquia de Casteloais. Da superficie queimada, dúas son superficie de arboredo e 17 monte raso.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.