Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 02/10/2019 | Actualizada ás 21:15
Máis de 60.000 seguidores en redes sociais consolidan a Galicia Confidencial como o xornal líder na prensa en galego. GC superou esta cifra os últimos días, sumando 60.314 contas que seguen as nosas publicacións en Facebook (35.083), Twitter (23.526) e Instagram (1.705); datos do 30 de setembro de 2019.
Ningún xornal en galego superou os 60.000 seguidores nas redes socias, agás GC. Pero a cifra dispárase aínda máis se se suma o seguimento aos xornais comarcais socios de Galicia Confidencial: Xornal da Mariña, Xornal de Vigo, Xornal de Lemos e Lugo Xornal.
En total, este grupo de medios contabiliza 76.500 seguidores en redes, convertendo este conglomerado mediático no líder indiscutible da información en galego na prensa e en posición de competir con cabeceiras tradicionais galegas en castelán de grupos mediáticos cun importante capital e que reciben substanciais subvencións e publicidade da Xunta de Galicia.
Desde o 1 de xaneiro deste ano até finais de setembro, Galicia Confidencial suma no seu sitio web 107.000 usuarios únicos máis que no mesmo período do pasado ano e rexistra un incremento de 438.000 sesións e 564.000 páxinas vistas sobre os datos de 2018.
ACHEGAS
O equipo de GC quere agradecer a todos os que seguen o noso traballo a súa confianza, pero tamén quere advertir de que un xornalismo independente só se pode manter co compromiso e colaboración da sociedade, mediante as achegas que cada cidadán poida facer a este medio para garantir que os seus xornalistas poidan seguir traballando. Se queres, podes facer a túa contribución aquí.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.