O emprendemento, unha opción pola que cada vez optan máis persoas

As subvencións e as axudas a través de Internet son cuestións a ter en conta para aquelas persoas que teñen en mente montar o seu propio negocio.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/10/2019 | Actualizada ás 04:00

Comparte esta noticia

Un soño que se nos antolla inalcanzable, o poder espertarnos pola mañá e saber que temos algún capital aforrado, que o noso negocio ou empresa funciona ben e ten moitas posibilidades de crecemento, que temos sistemas auxiliares para gañar diñeiro se todo o demais falla. Alcanzar a liberdade económica, vivir sen pensar no diñeiro, pode parecer un mito, pero un mito alcanzable despois de todo.

Emprendemento.
Emprendemento.

No mundo dos negocios existen numerosas opcións para facilitar o camiño a todos aqueles que, mediante o emprendemento, pretenden alcanzar este obxectivo, xa que traballar por conta allea nunca proporcionará a paz e a seguridade necesaria neste sentido.

AXUDAS Á PERSOA EMPRENDEDORA

Son moitos os motivos polos que cada vez máis persoas optan polo emprendemento; liberdade de horarios, conciliación familiar, sen xefes, sen explicacións, coa posibilidade de desenvolver toda a creatividade e potencial de traballo sen as limitacións que outras persoas poidan impor.

Para conseguir que o proxecto que teñamos en mente poida funcionar, non debemos pensar que estamos sós, moitos xa emprenderon e conseguírono. Co coñecemento e o esforzo necesarios pódese lograr; o empeño polo ti, os coñecementos están en internet, é aquí onde atoparemos sites especializados en colaborar para que o novo empresario consiga levar o seu proxecto a bo porto.

COMPRAR, VENDER OU ALUGAR UN NEGOCIO

Na páxina web https://business-asset.com/, atopamos a primeira gran cita coa axuda ao emprendedor en internet, un site dedicado a ofrecer toda a infraestrutura xa montada para o negocio que o emprendedor ten en mente. Aquí poderemos atopar un lugar onde se expoñen á venda negocios que xa estiveron funcionando, con toda a instalación en perfecto estado para que só teñamos que entrar e pornos a traballar, papeis en regra para non perder o tempo na burocracia, en ocasións demasiado lenta, para comezar a producir e a desenvolver todo o que temos en mente.

SUBVENCIÓNS

Existe un amplo número de subvencións dirixidas aos emprendedores, debemos estar atentos ás que poidan saír a nivel estatal, rexional ou local, para ver se reunimos as condicións necesarias para conseguir se adxudicatario dalgunha delas. Como exemplo dalgunha delas podemos mencionar o pago único por desemprego, axudas para mocidade emprendedora, aos proxectos máis innovadores, ao uso das ferramentas e tecnoloxías máis avanzadas e con base tecnolóxica. Segundo a Comunidade Autónoma, subvencións privadas como os Business Angels, axudas á internacionalización, bonificacións para autónomos ou as axudas ou préstamos ICO, entre outros.

DIÑEIRO EXTRA

Para alcanzar a ansiada liberdade financeira nas nosas vidas deberiamos ter sistemas auxiliares de acceso ao diñeiro, por se o emprego ou o negocio fallan, que a entrada de liquidez na familia non se vise interrompida. Para conseguir esta seguridade, e que o diñeiro non só proveña do traballo, existen varias opcións. O investimento en bolsa, crear un sitio web e monetizarlo, ou realizar Apostas Deportivas Online, un sistema este último que está a ter moita repercusión para conseguir un diñeiro extra sen esforzos, só coa paixón e os coñecementos do teu deporte favorito.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta