Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 08/10/2019 | Actualizada ás 17:59
Marea Atlántica reclamou ao goberno local que "cumpra a súa palabra" e manteña o "laicismo" no concello, ante a presenza da alcaldesa, Inés Rey, na misa con motivo da festividade do Rosario, celebrado este luns.
O grupo lembra que o 3 de outubro, en resposta a unha pregunta formulada por este grupo municipal, o goberno local "asegurou que non participaría de maneira institucional en actos relixiosos". "O 7 de outubro, Inés Rey fixo o contrario e acudiu á misa do Rosario", engade.
Para a portavoz de Marea Atlántica, María García, "ver á alcaldesa nunha cerimonia relixiosa no exercicio do seu cargo é decepcionante". "É unha volta ao pasado", apostila.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.