Compromiso por Galicia responde a Feijóo: “Quen ten pactos con Vox é o PP”

O secretario xeral de CxG, Juan Carlos Piñeiro, di que o PP teme perder votos galeguistas tras o pacto CxG-BNG para as eleccións do 10N. “Sabe que co BNG-CxG no Congreso calquera goberno do Estado que precise negociar terá que ter en conta a Galicia”, suliña.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 10/10/2019 | Actualizada ás 22:10

Comparte esta noticia

Compromiso por Galicia (CxG) xa lle respondeu ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, tras dicir este que o BNG “perderá votos do sentido común nacionalista” tras pactar cun partido “que se pasou a Vox”. “Convén lembrarlle a Feijoo que é precisamente o PP quen ten acordos con VOX, algo escuros en: Murcia, Andalucía e Madrid e moitos concellos do Estado”, espetoulle Juan Carlos Piñeiro.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e o secretario xeral de Compromiso por Galicia, Juan Carlos Piñeiro.
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e o secretario xeral de Compromiso por Galicia, Juan Carlos Piñeiro.

Feijóo aludía á presenza na dirección de CxG de persoas  que formaron parte de Vox, en clara aslusión a José Luis Calo, que primeiro militou en Ciudadanos en Ames e no 2016 presentouse pola ultradereitista Vox na provincia da Coruña. Un dirixente de Compromiso por Galicia que agora defende o acordo co BNG.

En relación a isto, Piñeiro suliñou que CxG “non se contempla a dobre militancia” porque “as persoas de CxG son militantes de Compromiso porque aceptan as nosas posicións políticas: galeguismo, progresismo e europeísmo, moi lonxe dos ideais de VOX”.

O dirixente de CxG, considera que as palabras de Feijóo, que tamén dixo que o pacto BNG-CxG é “entre un partido que está a desaparecer –en relación a CxG-- e outro que pensa que pode arrepañar un conxunto de votos –o BNG—“, denotan o seu “nerviosismo”. “O que realmente pon nervioso a Feijoo é que o discurso galeguista do PP de Galicia non se sostén  diante da nefasta xestión do PP na reivindicación dun marco propio galego”.

Neste sentido, acusou ao presidente galego de ser “o das cero competencias”. “Sabe que co BNG-CxG no Congreso calquera goberno do Estado que precise negociar terá que ter en conta a Galicia, iso é a realidade. Feijoo hoxe é o un Presidente interino que non da solución a ningún problema de Galicia”, concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 teodosio

Pero con que xente acordou o BNG? De verdade, entendo moi pouco. Eu esta xente non a quero, un exdeputado de Baltar, exdo PSOE, xente de Vox....por favor? E o resto de CxG liscou...estas cousas non se fan así a lixeira.

1 Ricardo R.

Cuando CXG se pone al nivel del PP, Núñez Feijóo ya tiene la partida ganada.

1 UNIDADE GALEGA!!!

ó contratio!!! Principio de marketing....."que falen de ti, inda que sexa mal" pq che da visibilidade! Canto máis se fale de CxG e BNG máis posibilidades de éxito!

2 Alienao

Por eso os galegos votamos ao partido popular