Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/10/2019 | Actualizada ás 19:34
Un incendio forestal provocado afecta ao Parque Natural do Xurés a ambos os dous lados da fronteira entre Galicia e Portugal. Con todo, a Consellería do Medio Rural dá por estabilizado o lume.
A Xunta informa de que o lume se iniciou ás 16,00 horas deste sábado con varios focos simultáneos en Galicia e Portugal. Segundo as últimas estimacións, as chamas calcinaron catro hectáreas de territorio galego.
O incendio permanece estabilizado desde as 18,08 horas. Nas tarefas de control, nas que tamén participan medios portugeses, traballaron dous axentes, sete brigadas, dúas motobombas e medios aéreos.
, o incendio que desde a tarde do venres afecta á parroquia de Requeixo do municipio ourensán de Chandrexa de Queixa (Ourense) queimou xa 50 hectáreas e, nestes momentos, permanece estabilizado. O lume dábase por controlado a última hora do venres, pero o forte vento que sopra na zona provocou que as chamas se reavivasen durante a madrugada.
Nas tarefas de control participaron cinco axentes, 30 brigadas, catro motobombas, pas e medios aéreos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.