Por Galicia Confidencial | Compostela | 17/10/2019 | Actualizada ás 22:25
A broa de millo, un pan milenario e orixinario da antiga Gallaecia –hoxe Galicia e norte de Portugal--, foi este mércores destacado polo grupo de comunicación norteamericano CNN como un dos 50 mellores pans do mundo.
O Día Mundial do Pan, a CNN Travel aproveitou para elaborar unha lista cos 50 mellores pans do mundo, e colocou a broa galega ao lado de pans como as tortas mexicanas ou a baguete francesa. Un alimento, di, que se caracteriza polo seu “destacable” millo.
A lista foi elaborada por Jen Rose Smith, que escolleu pans que pasan por un sabor que prevalece na memoria e que transmitan unha sensación de “casa” a quen os come, nunha “notable amplitude das tradicións alimentares mundiais”. E engade; “o millo e o trigo sarraceno que son moídos en pedra, peneirados e amasados nun recipiente de madeira. Só así se obtén a versión máis tradicional deste saudábel pan de campesiños”, refire a CNN.
Durante a reportaxe tamén se destaca que este pan forma un “arquipélago de fragmentos de crosta de fariña que se expande en fendas profundas”. “Algo que só é obtido por ser cocido en forno de leña”, engade.
A CNN Travel é un portal do grupo CNN que aborda a temática do turismo internacional, con guías, historias e exhibicións multimedia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.