Vox chama "aldeán" a un candidato do BNG e este contéstalle que son "señoritos fascistas"

Néstor Rego responde que está "moi orgulloso" de ser "aldeán" e carga contra "os señoritos fascistas que miran este país con ollos de Madrid"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/11/2019 | Actualizada ás 17:46

Comparte esta noticia

A campaña galega péchase coa polémica proclama do secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, en alusión a coller das caixas de correos e tirar a propaganda electoral de Vox, pero a formación de Santiago Abascal tamén xerou confrontación nas redes sociais por mor dunha 'enquisa' publicada no Facebook da formación en Cee e Costa da Morte.

Santiago Abascal, presidente de VOX  nun mitin de Vox en Vigo
Santiago Abascal, presidente de VOX nun mitin de Vox en Vigo | Fonte: Europa Press.

En concreto, na devandita enquisa, ínstase a elixir entre o cabeza de cartel nacionalista pola Coruña, Néstor Rego, a quen chaman "o aldeán", e o candidato de Vox Miguel Ángel Fernández, ao que definen como "un español de ben e ata guapo, todo hai que dicilo".

Rego non tardou en responder na súa conta de Twitter que "si", que naceu na aldea e está "moi orgulloso de ser aldeán".

"Os señoritos fascistas que miran este país cos ollos de Madrid non entenden que isto para nós é un orgullo. Terán a moitos aldeáns galegos enfronte, plantándolles cara. A min o primeiro", engadiu o dirixente nacionalista.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 José

Por baixo do sustantivo aldeán agáchase un epíteto que transparenta a xenofobia de Castela, trasladada aos pailáns colonizados que no país preferen o que ven de fóra, deshonrando o propio. Óbviamente, non poden ser considerados como galegos, e en Vox alardean da súa españolidade de forma excluínte, negando galeguidade. Cando espabile o pobo vanvos correr a guantazos ata mandarvos ao outro lado das Portelas!

2 Pitito

Chegou de novo o franquismo dos necios, dos incultos, dos mortos de fame que se coidan "prestixiarse" social e cuñturalmente por falar castelán... Pobriños, velos da risa, escoitalos ou pensar neles faime dilatar o esfinter

1 anonimo

Os aldenas somos xente natural,sen complexos, seguramente porque a nosa personalidade non ofrece dúvidas. Non precisamos, nin queremos, vestir con puntillas para ser guapitos. Claro que estas cousas pasan porque se permite que algún de Chueca veña a decirlle aos de Cee como teñen que ser.