Cando deixei a militancia critiquei o paso atrás dado polo nacionalismo, o seu sectarismo, e mesmo o sistema asambleario como instrumento efectivo na eficacia politica para defender os intereses de galegos e galegas.
O tempo volveu a deixar claro un novo retroceso no apoio social e unha posterior ruptura entre as forzas nacionalistas.
Toca pois, criar un novo instrumento, un partido forte, democrático, áxil e aberto ao conxunto da sociedade e con vocación de poder para gobernar os designios de Galicia, toca comprometerse con politicas reais, abordar a construcción dunha forza politica que non sexa suma de partes sinón un todo.
Pensemos, máis que nunca que ninguén, máis que nós mesmos vai resolver os nosos problemas nin defender as nosas riquezas e potencialidades,
pero sin sectarismos nin exclusións, contando con todos, traballadores, parados , empresarios, mocidade, galegos e galegas en definitiva, que somos os donos do noso destino e precisamos dun instrumento ao noso servizo.
Ese instrumento debe ser un partido politico forte, transparente, moderado nas formas pero firme na defensa dos nosos intereses, a casa de todos e cada un dos galegos, moderno pero amarrado ás nosas tradicións, á nosa lingua e á nosa historia, para desde Galicia, ser referencia no mundo.
Esto non será posible sin un compromiso firme, un COMPROMISO POR GALIZA que eu estou disposto a asumir. E ti?