Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/11/2019 | Actualizada ás 09:00
A conselleira de Política Social, Fabiola García, destacou o programa 'Promociona' da Fundación Secretariado Gitano pola súa achega á igualdade de oportunidades. No acto conmemorativo do décimo aniversario do programa, que conta co apoio da Xunta e ten por obxectivo loitar contra o abandono escolar, a titular do departamento autonómico tamén apuntou á "educación como a mellor ferramenta" para alcanzar a igualdade de oportunidades e a inclusión.
Fabiola García fixo fincapé "no acertado" desta iniciativa para combater prexuízos sobre a comunidade xitana e para mostrar aos mozos que poden alcanzar "o que se propoñan". Tamén puxo en valor o labor da comunidade educativa e garantiu que o Goberno galego seguirá colaborando coa FundaciónSecretariado Xitano a través de programas como 'Promociona' e 'Acceder', este último dirixido a mellorar a formación e a empregabilidade desta comunidade.
Ademais, sinalou que "a Galicia da próxima década debe apostar pola convivencia co fin de conseguir que a diversidade cultural sexa vista como unha riqueza", segundo apunta a consellería a través dunha nota de prensa.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.