Temas: VENDIMA VIñO

A vendima deste ano en Galicia, a terceira mellor da década

Recolléronse case 64 millóns de quilos de uva.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/11/2019 | Actualizada ás 19:14

Comparte esta noticia

A vendima de 2019 nas cinco denominacións de orixe vitivinícolas de Galicia foi a terceira máis abundante da última década, só superada polas de 2011 (que foi marca absoluta) e de 2018, que só foi un 0,17 por cento superior á campaña deste ano.

Vendima nas Rías Baixas.
Vendima nas Rías Baixas.

Ademais, a colleita deste ano sitúase un 6,5 por cento por enriba da media do decenio, segundo reflicte un informe da Consellería do Medio Rural analizado este xoves polo Consello da Xunta.

O documento sinala que, pechada a campaña, nas cinco denominacións galegas cultiváronse case 64 millóns de quilos de uva, dos que algo máis de 51 millóns corresponden a variedades brancas e os 12,8 millóns restantes, a tintas.

Por denominacións, a de Rías Baixas ocupou de novo o primeiro lugar en volume de produción, cuns 32,4 millóns de uva recolleitos, que representan algo máis da metade do total.

Seguiulle a do Ribeiro, con 11,8 millóns de quilos e, a continuación, as de Ribeira Sacra (7,2 millóns), Valdeorras (6,8 millóns) e Monterrei (con algo máis de 5,6 millóns de quilos).

Temas: VENDIMA VIñO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta