Atopan camiñando de xeonllos e chea de frío á muller de 84 anos desaparecida en Mazaricos

Desaparecera ás 07.00 horas desta mañán.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/11/2019 | Actualizada ás 18:32

Comparte esta noticia

A muller de 84 anos desaparecida esta mañá de martes en Mazaricos foi localizada ás 17,20 horas desorientada a 800 metros da súa vivenda.

Segundo informa a Garda Civil, a muller, con mobilidade reducida, foi atopada nos laterais dunha leira rodeada de árbores. Xa non podía andar e ía de xeonllos, ademais de ter frío.

A muller espertouse ás 7,00 horas e, como habitualmente, marchou a almorzar á zona dos cortellos, á que adoita acudir cunhas botas, que este martes non puxo o ser achadas no lugar.

Para atopala púxose en marcha un dispositivo con patrullas da Garda Civil, en colaboración con outros medios.

Amplo dispositivo de procura
Amplo dispositivo de procura | Fonte: Protección Civil

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta