Verín non está soa: centos de persoas saen á rúa en Galicia para solidarizarse con toda a comarca

En Santiago, ACoruña, Allariz, As Pontes, Betanzos, Celanova, Lalín, Lugo, Monforte, O Carballiño, Ourense ou Vigo sairon a apoialos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/12/2019 | Actualizada ás 21:59

Comparte esta noticia

Centos de persoas saíron á rúa este mércores en toda Galicia para visibilizar o clamor social contra o peche do paritorio e as urxencias pediátricas do Hospital de Verín. As protestas contra a eliminación do servizo estendéronse este mércores a preto dunha ducia de municipios, que acolleron concentracións de repulsa para mobilizar á sociedade ante o que cualificaron de "agresión institucional contra as mulleres de Verín".

Santiago de Compostela foi un dos escenarios escollidos pola convocatoria da Marcha Mundial das Mulleres. Decenas de persoas déronse cita sobre as 20,00 horas na Praza 8 de Marzo, tras unha pancarta nas que se lía 'Verín non se pecha. Recortar os dereitos das nais é violencia. Xunta culpable' e con frases como 'Matan o rural e máis sen hospital'.

Os composteláns e os representantes do movemento asociativo da cidade mostraron solidariedade cos veciños do municipio ourensán e o seu rexeitamento ao que supón unha perda na oferta de servizos públicos no municipio.

Manifestación en contra do peche do paritorio de Verín en Santiago
Manifestación en contra do peche do paritorio de Verín en Santiago | Fonte: Europa Press

Imaxes como esta reproducíronse noutros tantos municipios, como A Coruña, Allariz, As Pontes, Betanzos, Celanova, Lalín, Lugo, Monforte, O Carballiño, Ourense, Vigo e na mesma Verín, punto central das protestas.

CONTINÚAN AS REIVINDICACIÓNS

Traballadores e veciños manteñen desde este luns un peche indefinido no Hospital contra o peche do paritorio neste centro, que obrigará a desprazarse para dar a luz ao complexo hospitalario de Ourense.

Así mesmo, participaron este mércores nun irónico 'funeral' simbólico en memoria dos servizos pechados na localidade, onde algunhas mulleres portaron necrolóxicas nas que podía lerse 'O servizo de quirófano lémbrache á espera de ser os próximos'.

A pesar diso, a Xunta negouse de momento a dar marcha atrás a esta decisión e argumentou razóns de seguridade e calidade da atención dos partos para reafirmarse no peche do servizo, en concreto que a baixada de nacementos incrementa a inseguridade pola perda de práctica.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta