A Xunta divide contratos e dállos á firma na que é directiva a irmá de Feijóo

O Goberno dividiu en dous unha adxudicación para dar servizo de atención telefónica aos afectados polas preferentes, o que lle permitiu adxudicarlle a Eulen máis de 70.000 euros mediante o procedemento negociado sen publicidade.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 01/08/2012 | Actualizada ás 00:25

Comparte esta noticia

O goberno de Alberte Núñez Feijóo vén de recorrer á contratación da empresa EULEN, da que é apoderada  a súa irmá para a atención telefónica das persoas afectadas pola fraude das preferentes. A denuncia parte do sindicato nacionalista CIG-Administración.

GC comprobou na documentación oficial como a Administración dividiu en varios lotes o servizo de atención telefónica. Isto permitiulle adxudicar os contratos a dedo, pois as adxudicacións até certa cantidade, habitualmente até 60.001 euros, poden ser tramitadas mediante o procedemento negociado sen publicidade.

Micaela Nuñez Feijóo felicita ao seu irmao tras gañar as eleccións á Xunta
Micaela Nuñez Feijóo felicita ao seu irmao tras gañar as eleccións á Xunta

O truco da fragmentación dun mesmo servizo en varios contratos

Así, o Insitituo Galego de Consumo adxudicou 60.000 euros a EULEN polo "servizo de atención do teléfono de atención ao consumidor en Galicia e atención ao consumidor na provincia da Coruña" e 25.591 polo "servizo de atención ao consumidor e usuario do Instituto Galego de Consumo na provincia de Pontevedra".

Estas adxudicacións non saíron no BOP, nin no DOG, nin no BOE, nin no DOUE. Fernando García Fernández, responsábel da Autonómica denuncia que" malia anunciar que sobran funcionarios, o goberno do Partido Popular presentou ás organizacións sindicais unha proposta para pagar produtividade a persoal funcionario que temporalmente desenvolva a tarefa de arbitraxe nos laudos sobre as preferentes no Instituto Galego de Consumo".

Explica que “ante a falta de árbitros, que teñen que ter a condición de persoal ao servizo das Administracións Públicas, a Xunta ten que recorrer a funcionarios/as doutras consellarías para sacar adiante os procedementos”, e engade que “independentemente de que se habilite a arbitraxe o persoal do Instituto Galego de Consumo vai ver como aumenta o volume de traballo sen que se incremente o cadro de persoal para asumir esta nova carga ao ter que ser asumido un maior volume de traballo na fase de tramitación polos funcionarios/as de consumo, sendo só os árbitros os que van cobrar a produtividade”, engade.

García afirma que, ante isto, Feijoo decidiu recorrer a unha solución “máis que beneficiosa para a súa familia: contratar á empresa EULEN, da que a súa irmá é apoderada para a atención telefónica dos afectados nun procedemento negociado sen publicidade (Nin saíu no BOP, nin no DOG, nin no BOE, nin no DOUE) por un total de 85.000 euros (60.000 para a provincia da Coruña e 25,000 para a de Pontevedra)”.

Ante esta situación, a CIG-Administración denuncia que mentres se di sobran funcionarios, as empresas privadas “fan o seu agosto a conta das preferentes” ao utilizar medios públicos do Instituto Galego de Consumo e das Delegacións Territoriais onde atenden aos afectados, xa que “non só están a asumir a atención telefónica senón que recollen a documentación dos afectados”.

Versión da Xunta

A Administración autonómica respondeu inmediatamente á denuncia da CIG. "A compañía resultou adxudicataria por un total de 70.800 euros, ive incluído, tras presentar a oferta máis barata nun procedemento de contratación posto en marcha polo Instituto seguindo a normativa vixente", argumenta a Xunta. O Goberno non explica a que outras compañías lle pediu prezo. Malia que sexa negociado sen publicidade, a Administración ten a obriga de pedir orzamento a varias compañías capacitadas para prestar o servizo.

O Goberno tampouco nomea a presencia da irmá de Feijóo entre a directiva de Eulen. Iso si, defende que a empresa é "líder no sector" e que o grupo "está presente en España, Portugal, e Estados Unidos, así como en Sudamérica, dando emprego a máis de 82.000 traballadores". O Goberno do PP asegura que foi o bipartito quen primeiro contratou a Eulen, por máis de medio millón, en 2008.

Segundo o representante da CIG, o custo desta operación vai á conta do erario público, mentres se reducen funcionarios/as e se enchen as delegacións de empresas privadas pagadas cos cartos dos recortes.

“A desfeita das preferentes só trae beneficios para CAIXANOVA e os familiares de Feijoo, mentres se multiplican os prexuízos para os afectados, os empregados públicos e os cidadáns, que van ser quen paguen a factura”, sinala.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 18 comentarios

8 O Cazador

Conpriranoico: deixa a irmá do Feijoo,eu á dereita teñoa ubicada hai tempo, e o que veñan de facer non me sorprende. Nembargante o que me pon fora de min son as actuación dos caciques de esquerdas, ese que coma tí adicanse a aleccionar ao pobo dicíndolle que é o que ten de faxcer ou non. Sei que es un liberado, un lacazán disposto a levar por diante a todo a quel que supuña un perigo para a túa continuidade como vividor. Conmigo lévala dada pois ando á caza de exemplares como tí, e dicir caza menor.

7 Quintaniña

A ver se inventades algo novo.O da irmá de Feijoo, propietaria dunha multinacional que se forra a conta da Xunta do PP de Fraga xa se dixo hai catro anos. O caso é que nin a señora pinta nada na empresa, é unha empregada dende hai décadas, e resulta que tamén a Xunta bipartita e moitos concellos do PSOE e BNG contratan con Eulen.

6 El PPresidente

La caridad bien entendida empieza por uno mismo y continúa por sus hermanos. En ello estamos.

5 Breoghain

Os nacionalistas espanhóis do PP eliminam escanos na Galiza e aumentam em Castilla-La Mancha respondendo a cálculos de conveniência eleitorais e nunca a recurtar despesas administrativas. Isto é muito grave. http://www.lavozdegalicia.es/notici...

4 Breoghain

TERRORISMO AUTÉNTICO QUE ROUBA AOS POBRES PARA DAR AOS RICOS

1 Tradución

En linguaxe da prensa do país iso dise "austeridá".