A Xunta divide contratos e dállos á firma na que é directiva a irmá de Feijóo

O Goberno dividiu en dous unha adxudicación para dar servizo de atención telefónica aos afectados polas preferentes, o que lle permitiu adxudicarlle a Eulen máis de 70.000 euros mediante o procedemento negociado sen publicidade.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 01/08/2012 | Actualizada ás 00:25

Comparte esta noticia

O goberno de Alberte Núñez Feijóo vén de recorrer á contratación da empresa EULEN, da que é apoderada  a súa irmá para a atención telefónica das persoas afectadas pola fraude das preferentes. A denuncia parte do sindicato nacionalista CIG-Administración.

GC comprobou na documentación oficial como a Administración dividiu en varios lotes o servizo de atención telefónica. Isto permitiulle adxudicar os contratos a dedo, pois as adxudicacións até certa cantidade, habitualmente até 60.001 euros, poden ser tramitadas mediante o procedemento negociado sen publicidade.

Micaela Nuñez Feijóo felicita ao seu irmao tras gañar as eleccións á Xunta
Micaela Nuñez Feijóo felicita ao seu irmao tras gañar as eleccións á Xunta

O truco da fragmentación dun mesmo servizo en varios contratos

Así, o Insitituo Galego de Consumo adxudicou 60.000 euros a EULEN polo "servizo de atención do teléfono de atención ao consumidor en Galicia e atención ao consumidor na provincia da Coruña" e 25.591 polo "servizo de atención ao consumidor e usuario do Instituto Galego de Consumo na provincia de Pontevedra".

Estas adxudicacións non saíron no BOP, nin no DOG, nin no BOE, nin no DOUE. Fernando García Fernández, responsábel da Autonómica denuncia que" malia anunciar que sobran funcionarios, o goberno do Partido Popular presentou ás organizacións sindicais unha proposta para pagar produtividade a persoal funcionario que temporalmente desenvolva a tarefa de arbitraxe nos laudos sobre as preferentes no Instituto Galego de Consumo".

Explica que “ante a falta de árbitros, que teñen que ter a condición de persoal ao servizo das Administracións Públicas, a Xunta ten que recorrer a funcionarios/as doutras consellarías para sacar adiante os procedementos”, e engade que “independentemente de que se habilite a arbitraxe o persoal do Instituto Galego de Consumo vai ver como aumenta o volume de traballo sen que se incremente o cadro de persoal para asumir esta nova carga ao ter que ser asumido un maior volume de traballo na fase de tramitación polos funcionarios/as de consumo, sendo só os árbitros os que van cobrar a produtividade”, engade.

García afirma que, ante isto, Feijoo decidiu recorrer a unha solución “máis que beneficiosa para a súa familia: contratar á empresa EULEN, da que a súa irmá é apoderada para a atención telefónica dos afectados nun procedemento negociado sen publicidade (Nin saíu no BOP, nin no DOG, nin no BOE, nin no DOUE) por un total de 85.000 euros (60.000 para a provincia da Coruña e 25,000 para a de Pontevedra)”.

Ante esta situación, a CIG-Administración denuncia que mentres se di sobran funcionarios, as empresas privadas “fan o seu agosto a conta das preferentes” ao utilizar medios públicos do Instituto Galego de Consumo e das Delegacións Territoriais onde atenden aos afectados, xa que “non só están a asumir a atención telefónica senón que recollen a documentación dos afectados”.

Versión da Xunta

A Administración autonómica respondeu inmediatamente á denuncia da CIG. "A compañía resultou adxudicataria por un total de 70.800 euros, ive incluído, tras presentar a oferta máis barata nun procedemento de contratación posto en marcha polo Instituto seguindo a normativa vixente", argumenta a Xunta. O Goberno non explica a que outras compañías lle pediu prezo. Malia que sexa negociado sen publicidade, a Administración ten a obriga de pedir orzamento a varias compañías capacitadas para prestar o servizo.

O Goberno tampouco nomea a presencia da irmá de Feijóo entre a directiva de Eulen. Iso si, defende que a empresa é "líder no sector" e que o grupo "está presente en España, Portugal, e Estados Unidos, así como en Sudamérica, dando emprego a máis de 82.000 traballadores". O Goberno do PP asegura que foi o bipartito quen primeiro contratou a Eulen, por máis de medio millón, en 2008.

Segundo o representante da CIG, o custo desta operación vai á conta do erario público, mentres se reducen funcionarios/as e se enchen as delegacións de empresas privadas pagadas cos cartos dos recortes.

“A desfeita das preferentes só trae beneficios para CAIXANOVA e os familiares de Feijoo, mentres se multiplican os prexuízos para os afectados, os empregados públicos e os cidadáns, que van ser quen paguen a factura”, sinala.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 18 comentarios

3 Conspiranoico

Non tardarán os Anovos trolls, descobrindo a conexión CIG-UPG. Cando as burguesias sinten o rexurdir da concencia popular, botan man do mais fero populismo filo-fas cista, anti soberanista, anti-obreiro e anti-democratico. Chamese Frente Nacional, Mencer Dourado, FAES ou UPyD. Para elo sempre contan coa estimable colaboración dos parvos útiles de turno.

1 Fai por calar

E certo, quen cesura o nepotismo e favoritimo da CIG - UPG son colaboracionista, un parvos útiles ao servizo da dereita. Eles son xente inmaculada, limpos a relucir , xa que logo, estan por riba das caciadas, que son baixezas exclusivas das dereitas. Claro home claro e se miña tía tivera collóns e obvio que sería meu tio. Si queres che relato un milleiro de cafradas dos teus colegas nacionalista

2 Avellos non, grazas!

O que non ve o pobre Conspiranoico é o reverso do espello: son as malas prácticas das presuntas alternativas como o BNG no poder as que fan desconfiar dos políticos e levan a populistas e novos fascistas ao poder. O problema do BNG está dentro, igual que no PP ou no PSOE, e chámase aparato, liberados, asesores, altos cargos, fontaneiros, colocados e clientes. O fácil e seguir coa leria da culpa é dos de fóra, da prensa ou dos críticos. Ides construir o país dos mansos e axeonllados? Pois eu emigro, non che nacín pra can (que dicía Castelao).

3 Conspiranoico

Pois si, ao paxaro se lle recoñece pola sua cagada. Repetides o mesmo discurso populista dos todologos de Interlobotomía: liberados, fontaneiros, colocados...o dito, parvos útiles. Agora só quedavos decir a culpa é das automomias, de Catalunya e demais con anzos separatistas que as levan a ruina.

4 pio, pio

Cons, ti non es livre, o teu é o ditado, polo tanto tes pouca autoridade moral para dicer aos demais o que deben ver ou opinar. Segues sendo un mandado, e por riba vas de progre e de esquerdista, manda carallo na Habana!

5 Conpriranoico

Millor emigra como dis e deixa de trollear e falar do que non tes p. idea, polo menos no teu caso non hai fugas de cerebros, pouco se perde.

6 M.D.

Non sei si te decatas que isto sae da CIG-Autonómica, que precisamente non está controlada pola CIG-UPG.

2 El Apoderado

No le deis mas vueltas, el buen torero se mete al ruedo en busca de orejas y rabo, y un maestro que se precie finaliza la faena con el estoque, y si el bicho se resiste, lo descabella con la puntilla, pero lo que nunca se hace es perdonarle la vida al toro. Sin duda Feijoo aun siendo de los Peares es un buen torero,no habiendo un Tomás que le iguale, claro que su cuadrilla tampoco es marnca muy especialmente el bandarillero Rueda. "un arte que no se pue aguntar" cuando se enfrenta al astado. Pero en esta plaza común que es la política, todos quieren torear, ya sea el "Niño de la Jorquera", "Er Pachi", y todos, cuando se tercia cuentan con su cuadrilla, unos apòyos que sin aspirar a la gloria no renuncian a la contrapardida. Y claro, los del tendido que somos todos, despues de aplaudir a rabiar, tirar de pañuelo, no podemos venir a estas alturas lanzar las banderillas contra los cabestros.SI NO TE GUSTAN LOS TOROS NO VAYAS A LA PLAZA.

1 Treblinka

A min semellame mais unha cuestión de cornudos ou aspados que de touros.

2 lástimadebois.

Apoderado tío, o el calor de una plaza andaluza te ha afectado o te ha pasado como al Quijote. De tanta aficción a los libros de caballerías confundes realidades y personajes. Siquiera sea porque en Galicia, lo que es de toros, no somos mucho. Aquí falta pan y sobra circo. Y no se dice "los Peares". ¿de verdade che gustan os touros ?

1 senpagaextra

Feijoocash! Clink, clink, pasen por caja. ll pizzo de la mia familia. Va bene.

1 Yma

y tamen mia torre financiera, e mia...il traje de costuras...mi aficcione financieras...Fu-e-ra, fu-e-ra!!