Temas: DVICIO

Música para destapar unha botella de viño

A rede social Wineissocial crea a primeira lista de música para "destapar unha botella de viño", en Spotify. Ademais, Wineissocial presenta o vídeo no que mostra a súa visión: "gozar do viño será tan doado como gozar da música".

Por GC Tendencias | Wineissocial | 01/08/2012 | Actualizada ás 10:24

Comparte esta noticia

Wineissocial, a primeira comunidade que ofrece unha experiencia de descubrimento do viño adaptada ao padal de cada persoa, creou a primeira lista social de Spotify deseñada por máis de 100 seguidores de Facebook e de Twitter. A lista consta de 157 cancións e suma máis de 10 horas de música escollida especificamente para escoitala mentres se destapa unha botella de viño.

Viños tintos galegos
Viños tintos galegos

Para Wineissocial gozar do viño será tan doado como gozar da música. Do mesmo xeito que non fai falta saber solfexo para gozar dunha canción, non fai falta ter coñecementos de enoloxía para gozar do viño. Esta iniciativa é o preludio perfecto para presentar o seu vídeo que conta coa música composta exclusivamente por Joan Vives, músico e compositor famoso por musicais e bandas sonoras cinematográficas.

Se queredes unirvos á lista e destapar unha botella de viño mentres escoitades boa música, podedes acceder a ela mediante este enlace:

http://open.spotify.com/user/116384864/playlist/56Np9zDGxCFDFBruddV4DU

Acerca de Wineissocial

Cata de viños
Cata de viños

Wineissocial é a primeira comunidade que ofrece unha experiencia de descubrimento do viño adaptada ao padal de cada persoa. Ferran Centelles, sumiller durante 11 anos en El Bulli e cofundador de Wineissocial, ideou unha linguaxe baseada en símbolos para clasificar os diferentes estilos de viño.

O método permite que por primeira vez calquera interesado no mundo do viño poida descubrir de forma doada o seu Perfil persoal de cata a través dun sinxelo e gratuíto cuestionario online. Ademais, os mellores sumilleres de España propoñen experiencias de cata personalizadas, que consisten en recomendar dous viños ao mes adaptados ás preferencias de cada socio.

As experiencias inclúen tamén unha vertente didáctica destinada a descubrir os segredos do mundo do viño. Finalmente, os socios/as poderán aproveitar a plataforma online para valorar os viños consumidos, intercambiar experiencias e comprar a prezos excepcionais os viños que máis lles gustasen. www.wineissocial.com

Asistentes a unha cata de viños naturais
Asistentes a unha cata de viños naturais
Temas: DVICIO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta