Por Galicia Confidencial | Cambados | 05/08/2012 | Actualizada ás 20:21
A pesar da crise e dos recortes, Cambados acaba de inaugurar unha estatua en homenaxe a quen foi presidente da Xunta e ministro franquista, Manuel Fraga. Unha escultura que a oposición cifra en case 40.000 euros e a alcaldía deixa en menos da metade.
A escultura foi descuberta en presenza do actual líder do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, quen participou durante esta xornada na LX Festa do Viño Albariño. De feito, foi o encargado de impoñer as distincións nos actos solemnes de proclamación das damas e os cabaleiros do Capítulo Serenísimo del Albariño, exercendo como Gran Mestre.
Protesta
O acto contou coa protesta silenciosa dun grupo de veciños que, con prendas brancas e pancartas, amosaron o seu rexeitamento a esta inauguración en tempo de crise.
Nesta edición desta festa, da que Fraga foi Grande Mestre do Capítulo Serenísimo do Albariño,foron nomeados damas do Albariño a actriz coruñesa Ana Turpin e a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato.
Pola súa banda, foron proclamados cabaleiros o campión do mundo de ciclismo Abraham Olano, o escultor cambadés Manolo Paz, o bodegueiro José Masaveu Herrero, o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, o presidente da Academia Española de Gastronomía, Rafael Ansón, e o secretario do consello Regulador de la Denominación de Origen Rías Baixas, Ramón Huidobro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.