Por GC Tendencias | A Coruña | 06/08/2012 | Actualizada ás 16:23
Galicia Caníbal, o Musical, supón o desembarco da Movida Galega dos 80 no xénero dos musicais que, nos últimos anos, ten revitalizado o panorama musical e teatral español.
A idea orixinal é de Antón Reixa, o mítico cantante dos Resentidos, un dos grupos máis destacados de aqueles anos de explosión cultural que marcaron a millóns de persoas. A súa canción máis coñecida, Galicia Caníbal, dá título ó musical.
O espectáculo xira arredor dunha historia que, contada dende o ano 2012, nos transportará ós anos 80. Os libretistas, Antela Cid e Fran Peleteiro, escribiron un espectáculo musical baseado na movida e con temas de Siniestro Total, Aerolíneas Federales, Los Cafres, Semen Up, Golpes Bajos ou Los Limones, entre outros.
Coa dirección escénica de Quico Cadaval e a dirección musical de Pablo Novoa (ex Golpes Bajos), o elenco de actores está formado por: Ana San Martín, Sergio Zearreta, Víctor Mosqueira, María Costas, Teté Delgado, Juanillo Esteban, Rosalía Castro, Iolanda Muíños, José Carlos Illanes e Iván Marcos.
Despois de anos de colaboración en diferentes proxectos audiovisuais, Estrella Galicia e Filmanova Invest únense neste ambicioso proxecto para presentaren un musical divertido que homenaxea a aquela xeración dos anos 80, á súa música, ós seus músicos e ós seus grupos, auténticos fitos na recente historia de Galicia. Apostan por deseñar e producir un espectáculo desde unha visión actual e moderna que mova á xente a lembrar e gozar daqueles temas. O musical, en tono de comedia de enredo, preséntanos dez personaxes que encarnan tres xeracións. Actuarán, cantarán e bailarán en oito decorados distintos durante máis de dúas horas.
Entre o 9 e o 12 de agosto estará no Teatro Colón da Coruña. Pódense mercar as entradas na páxina de servinova.
Sinopse
Ano 2012. Unha grande cidade portuaria. A nosa protagonista é Ana (Ana San Martín), unha adolescente solitaria que quereacabar coa súa vida. Demasiado apoucada para ter amigos e pouco aloucada para conseguilos, Ana é vítima da conxestión familiar, está sumida na desidia e ten unha soa certeza: nada pode mudar. Cando intuímos unha traxedia fatal, xusto antes de que Ana se guinde ao baleiro, acontece algo extraordinario: a súa tía Marga, unha estrela rockeira dos oitenta da que Ana pouco sabe, morre de súpeto, suceso que a empurrará a unha conexión especial, un vencello que a transformará por completo.
Ficha técnica
Reparto: Ana San Martín, Sergio Zearreta, Víctor Mosqueira, María Costas, Teté Delgado, Juanillo Esteban, Rosalía Castro, Iolanda Muíños, José Carlos Illanes, Iván Marcos.
Idea orixinal: Antón Reixa
Texto orixinal: Fran Peleteiro e Antela Cid
Adaptación do texto e dramaturxia: Quico Cadaval e Evaristo Calvo
Dirección escénica: Quico Cadaval
Selección musical: Pablo Novoa
Dirección artística: Curru Garabal
Coreografía: Mónica García
Dirección de producción: Xabier Eirís
Deseño de iluminación: Paco de Pin
Deseño de vestiario: Carlos Alonso
Deseño de son: Luis Antelo
Maquillaxe e perruquería: Trini Fernández
Cancións
“Ferrol” Letra e Música: J. M. Ramos/R.O. Pereira/A.A. Pita/A.M. Lamas/J.L. Garcia © 1992 by J. M. Ramos/R.O. Pereira/A.A. Pita/A.M. Lamas/J.L. Garcia Warner/Chappell Music Spain, S.A./ / Nova Ediciones Musicales S.A.
“Las Brujas” Letra e Música: J.Morgado Pérez / N.M. Pastoriza Abal © 1989 by J. Morgado Pérez / N.M. Pastoriza Abal Warner/Chappell Music Spain, S.A./ Universal Music Publishing SL
“Ciudad Enferma” BAR
“Bailaré sobre tu tumba” Letra e Música: M. A. Costas Peon/ J.Hernandez/ A.J. Lorenzo/F.J. Fernandez © 1986 by M. A. Costas Peon/ J.Hernandez/ A.J. Lorenzo/F.J. Fernandez Warner/Chappell Music Spain, S.A./ Universal Music Publishing SL
“Soy una punk” Letra e Música: L. Santamaria Rodriguez/M. A. Costas Peon © 1986 by L. Santamaria Rodriguez/M. A. Costas Peon Warner/Chappell Music Spain, S.A./ Universal Music Publishing SL
“Dragona” Letra e Música: Antón Reixa / Pablo Novoa
“Tipi dulce Tipi” Letra e Música: M. A. Costas Peon © 1984 by M. A. Costas Peon Warner/Chappell Music Spain, S.A./ Universal Music Publishing SL
“Assumpta” Letra e Música: M. A. Costas Peon © 1984 by M. A. Costas Peon Warner/Chappell Music Spain, S.A./ Universal Music Publishing SL
“No mires a los ojos de la gente” © Ediciones Musicales Nemo, S.L. Autores: José Teodomiro Cardalda Gestoso e Germán Coppini López Tormos
“Economía Sumerxida” © Greenheart Music LTD Autor: Eddy Grant
“Sólo soy una alimaña” Letra e Música: P. Ramallo/A. Ambles © 1989 by P. Ramallo/A. Ambles Warner/Chappell Music Spain, S.A./ Universal Music Publishing SL
“Galicia sitio distinto” Letra e Música: E.J. Debesa/A.J.E. Rodriguez © 1988 by E.J. Debesa/A.J.E. Rodriguez Warner/Chappell Music Spain, S.A./ Universal Music Publishing SL
“Quiero Rock and Roll” © Rak Publishing LTD _ Clipper´s S.L. Ediciones Musicales Autores: Allan Merrill, Jake Hooker
“La cultura popular” © Eugenio Demetrio Noceda García Autor: Eugenio Demetrio Noceda García
“Lo estás haciendo muy bien” © Ediciones Musicales Nemo, S.L. Autores: Pedro López Cabanillas e Alberto Comesaña
“Galicia caníbal” Letra e Música: A.J.E. Rodriguez/F.J. Fernandez/A.J. Lorenzo/R. Losada © 1986 by A.J.E. Rodriguez/F.J. Fernandez/A.J. Lorenzo/R. Losada Warner/Chappell Music Spain, S.A./ Universal Music Publishing SL
“Sector naval” Letra e Música: A.J.E. Rodriguez/F.J. Fernandez/A.J. Lorenzo/R. Losada © 1986 by A.J.E. Rodriguez/F.J. Fernandez/A.J. Lorenzo/R. Losada Warner/Chappell Music Spain, S.A./ Universal Music Publishing SL
“De hoy no pasa” Letra e Música: M. A. Costas Peon/ J.Hernandez/ A.J. Lorenzo/F.J. Fernandez © 1987 by M. A. Costas Peon/ J.Hernandez/ A.J. Lorenzo/F.J. Fernandez Warner/Chappell Music Spain, S.A./ Universal Music Publishing SL
“Yo asesiné a mi novio” © by Silvino Díaz Carreras Universal Music Publishing SL / Reactor Music “Me pica un huevo” © Julián Hernández Rodríguez Cebral Autor: Julián Hernández Rodríguez Cebral
“No sé ligar” Letra e Música: M. A. Costas Peon © 1986 by M. A. Costas Peon Warner/Chappell Music Spain, S.A./ Universal Music Publishing SL
“Fiesta de los maniquíes” © Ediciones Musicales Nemo, S.L. Autores: José Teodomiro Cardalda Gestoso e Germán Coppini López Tormos
“Malos tiempos para la lírica” © Ediciones Musicales Nemo, S.L. Autores: José Teodomiro Cardalda Gestoso e Germán Coppini López Tormos
“Alégrame el día” Letra e Música: J.Hernandez/ F.J. Fernandez © 1988 by J.Hernandez/ F.J. Fernandez Warner/Chappell Music Spain, S.A./ Universal Music Publishing SL
“Lágrimas” © Ediciones Musicales Nemo, S.L. Autores: Germán Coppini López Tormos, Pablo Novoa Cid
“Estoy Enfermo” © Ediciones Musicales Nemo, S.L. Autores: José Teodomiro Cardalda Gestoso, German Coppini Lopez Tormos
“No me beses en los labios” Letra e Música: M. A. Costas Peon © 1986 by M. A. Costas Peon Warner/Chappell Music Spain, S.A./ Universal Music Publishing SL
“Chica” BAR
“Vamos muy bien” © by Francisco Laguna Morillo/Carmen García Diestro/Juan L. Serrano Pérez Universal Music Publishing S.L.
“Miña terra galega” © by Edward C. King, Gary Robert Rossington y Ronnie Van Zant Duchess Music Corp. / EMI/Longitude Music / On Backstreet Music, Inc. / Full Keel Music Co. (Universal Music Publishing S.L.)
“Te quiero” Letra e Música: J. Hernandez © 1984 by J. Hernandez Warner/Chappell Music Spain, S.A./ Universal Music Publishing S.L
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.