Marcos Maceira, presidente da Mesa: "O cinismo de Feijóo sobre o galego non se sostén"

"Non sei se é pior que Feixoo se faga o parvo ou que crea que os expertos do Consello de Europa son parvos. Nos dous casos a quen avergoña é ao pobo galego, que é a quen representa como presidente da Xunta", apunta tras insistir o presidente galego na aprendizaxe do inglés cando a UE alerta da desaparición do galego.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 13/12/2019 | Actualizada ás 08:10

Comparte esta noticia

As palabras do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, moi crítico co informe do Consello de Europa sobre o galego e a súa insistencia en que se aprenda máis inglés que galego foron duramente constestadas polo presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira. "O seu cinismo non se sostén. A non ser que considere que ser galego e falar galego é unha limitación, por que cre que saber galego é incompatíbel con coñecer outras linguas?", dixo en declaracións a Galicia Confidencial.

Marcos Maceira, presidente da Mesa
Marcos Maceira, presidente da Mesa | Fonte: irmandade.tv

Este xoves o presidente galego manifestou que "o coñecemento do galego está garantido, non así o do inglés e estamos intentando garantir o seu coñecemento con maior intensidade". Era o seu xeito de contestar ás conclusións dun informe do Consello de Europa sobre o cumprimento dos compromisos do Goberno galego respecto da Carta Europea de Linguas Rexionais e Minorizadas.

Este estudo apunta a que caen drásticamente os falantes, fallan as medidas para facilitar a atención desde a administración e a presenza do galego no sistema educativo é insuficiente, especialmente, en preescolar e en primaria. De feito, alerta sobre a ruptura da transmisión interxeracional deste idioma e como algúns pequenos falan millor inglés do que galego.

"Sorprendeme que se critique o plurilingüismo. Se hai informes que din que os nenos non poden falar, estudar ou conversar en inglés alá os autores do informe. Nós temos moi claro que os galegos debemos coñecer para falar e escribir o galego, o castelán e o inglés e, por iso, imos insistir nas políticas de plurilingüísmo porque son moi procedentes na Europa actual", respondeu Feijóo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.

Unhas declaracións que Marcos Maceira considera "vergoñentas" e impropias dun presidente galego. "Os datos oficiais da incapacidade para falar galego son os máis altos da Historia e, desde que entrou en vigor o decreto, non paran de subir: 1 de cada 4 menores de 15 anos non o poden falar", asegura.

De feito, lémbralle a Feijóo que o que lle leva anos dicindo "nin máis nin menos que o Consello de Ministros do organismo europeo para garantir a democracia e os Dereitos Humanos", en alusión ao Consello de Europa, é que a introdución dunha lingua extranxeira "non pode ser en detrimento da propia". "E esta vez, a terceira, os expertos falan aínda con máis claridade: o decreto é contrario ao galego e debe ser derrogado inmediatamente", engade.

"Non sei se é pior que Feixoo se faga o parvo ou que crea que os expertos do Consello son parvos. Nos dous casos a quen avergoña é ao pobo galego, que é a quen representa como presidente da Xunta, ademais de amosar un desprezo absoluto polo dereito a vivir na lingua propia, un dereito humano imprescindíbel para a democracia", conclúe.

O seu cinismo non se sostén. A non ser que considere que ser galego e falar galego é unha limitación, por que cre que saber galego é incompatíbel con coñecer outras linguas? 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

8 uu1

Mais uma vez. Desde logo Feijóo é um grande demagogo, possivelmente isso o converte em um bom político!! Sobre as estatísticas do IGE, mais galego que castelhano (ano 2003 62%, ano 2018 52%, 10% menos), menores de 15 anos mais galego que castelhano (ano 2003 40%, ano 2018 26%, 14% menos), e estes são os melhores dados da história!!! Demagogia!! Por certo, eu concordo no ensino do inglês, que na atualidade é o idioma global, e que melhor maneira de melhorar o nosso inglês que saber falar o galego corretamente? Pois só com a pronuncia do “x” galego, do “m velar”, do ditongo “ou”, das sete vogais galegas...teríamos um dado um passo de gigante! Claro que há alguns que dim que o anterior são cousas do “nacionalista”, isso sim, logo presumem de ter um nível alto de inglês! Para falar bem em inglês aprendamos corretamente o galego e deixemo-nos de demagogias!

7 Sentidiño bis

6 Sentidiño

Falemos da cuestión, que non é a upegá, mais isto: https://search.coe.int/cm/Pages/res...

5 Antimentireiros

Na U a mensaje é clara: prestas as filas. E logo fallaremos do cash $$$.

4 El Ciz

Que critica constructiva e ben entendida hai neste foro. Deberia ter mais repercrepercusion na sociedade, e agora que digo isto non sei que fago escribindo aqui e ademais en galego. Vaia, si un o pensa ben o idioma sin institucions que o defendan desaparece, marxinalizase, e os espazos nos que se utiliza ate teñen unha existenza absurda. E moito mais surrealista e un foro marxinal que teña intervencions prodilapidar a defensa do idioma. Vou dar unha volta co cabalo, sodes demasiado listos para min, si tiverades que falar o voso idioma para gañarvos a vida como me pasou a min que tiven que aprendelo para ser mercenario. Iso non o conta Abascal e tal