Por Galicia Confidencial | Dodro | 15/12/2019 | Actualizada ás 19:59
Antón Blanco Casás é o gañador da XXXII edición do Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón que convoca o Concello de Dodro pola obra 'Voz do arqueiro'. O xurado valorou “a construción e a sintaxe e xunto cunha escolla léxica moi coidada" e unha "arquitectura interna coherente”.
O gañador reside en Barcelona e ten obra literaria publicada, entre ela, A oseira (Chan da Polvora, 2016) e Tres estudos para un poema da cidade (Galaxia, 2018). Como gañador do Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón recibirá 2.300 euros e a edición da obra.
Coordinado nesta edición por Xabier Castro Martínez, director do Centro PEN Galicia, o xurado estivo omposto por Alicia Fernández Rodríguez, Estevo Creus Andrade, Elvira Riveiro Tobío, Xabier Xil Xardón. Presidiu o xurado Ramón Abuín Gómez , tenente de alcalde do Concello de Dodro e como secretario Xoán Xosé Vicente Franco, concelleiro de Cultura e Patrimonio.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.