Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/12/2019 | Actualizada ás 11:50
A localidade da Veiga (Ourense) rexistrou este martes a temperatura mínima de Galicia, con -3,9ºC, nunha xornada na que os termómetros quedaron baixo cero en diversas localidades galegas.
Segundo os rexistros de Meteogalicia, recollidos por Europa Press, noutras localidades de montaña as temperaturas baixaron aos -3,7ºC en Carballeda de Valdeorras (Ourense), ata os -2,3ºC en Cervantes (Lugo) e os -2,1ºC en Pedrafita (Lugo).
Mentres, en localidades con altitude menor de 900 metros as mínimas corresponderon a Cotobade (Pontevedra), con -0,9ºC, e Guitiriz (Lugo), con -0,8ºC.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.