José André Lôpes, o redescubridor do Apalpador: "Co Apalpador a Igrexa deixou facer"

A recuperación do Apalpador non quedou libre de polémicas entre quen reivindica esta figura como propia e quen ven unha imitación doutros personaxes do Nadal. José André Lôpes, a persoa que o "redescubriu", destaca nesta entrevista como ademais deste personaxe, existían outros ritos en Galicia que se foron perdendo, ben por represión das autoridades ou ben polo esmorecemento do rural.

Por Moncho Mariño | Santiago de Compostela | 30/12/2019 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

O “re-descubrimento” dunha figura como o Apalpador non foi allea á polémica nin ao debate sobre se esta tradición existíu ou é unha invención. Os defensores mostraron mesmo traballos en formato audiovisual para confirmar a existencia do mito. Os detractores non deixan de apuntar o oportunismo e ser unha copia doutras figuras tradicionais do Nadal noutros lugares. Sexa como for, os anos pasan e a figura do Apalpador, Apalpabarrigas, Pandigueiro e outros nomes, vai collendo certa forma e forza dentro do Nadal galego.

Recreación do Apalpador
Recreación do Apalpador | Fonte: Artesanía Artesanum

Unha conversa co antropólogo que “re-descubriu” o Apalpador, José André Lôpes, permitiu un percorrido sobre esta figura e as súas posibles raíces, tanto etnográficas como culturais. A recuperacón deste personaxe permite, segundo algunhas voces, facer fronte á globalización das festas do Nadal, ofrecendo unha nova visión desde o máis próximo.

REDESCUBRIMENTO E REVITALIZACIÓN

A viaxe a Romeor do Courel en 1985 foi o comezo de todo. A compañeira de José André Lôpes era natural daquel lugar e así pasou a noite de Nadal daquel ano. Unha visita á casa dunha veciña foi o comezo de todo. “Fomos á casa de Amadora do Galego que metía présa para deitarse cedo porque o Apalpador estaría por chegar” lembra Lôpez. A primeira reacción foi preguntarlle a Amadora que era o Apalpador. Logo foi corrobando o relato de Amadora con outros testemuños. A publicación primeiro para o Centro Galego de Alcalá de Henares e logo no Portal Galego da Lingua, prendeu o rexurdir do Apalpador.

“Foron asociacións culturais e sociais as que dinamizaron a figura do Apalpador, unha tradición que estaba a piques de morrer” declara José Lôpes. Porque ese é o medo, a perda de tradicións que desaparecen. “Cada vez que unha persoa maior morre, desaparece unha biblioteca de saberes” remarca Lôpez. O antropólogo quedou sorprendido co dinamismo de diferentes asociacións e a súa teimosía en recuperar esta figura.

Fragas ou bosques, onde vive o Apalpador
Fragas ou bosques, onde vive o Apalpador | Fonte: Wikipedia

“Fixen algún artigo máis sobre o Apalpador, mais non continuei coa investigación, si sei que houbo axudas para a investigación sobre este tema que non seguiron adiante”. O desexo de Lôpez era que esa tradición non morrese como moitas outras que si o fixeron ben porque non se recollera a tradición oral ou ben por represión.

QUEN É O APALPADOR?

Esa foi a primeira pregunta a Amadora do Galego en Romeor de Courel. A resposta, un ser mítico que baixaba das devesas ou bosques onde botaba todo o ano facendo carbón. Alimentábase de raíces, froitos do bosque e algún animal. Cando baixaba ás aldeas, entraba nas casas e apalpaba as barrigas dos nenos para saber se estaban mantidos ou pasaban fame.

Apalpar deu en Apalpador, mais Pandigueiro, como se lle chama en Trives, vén de pandar, curvar, cando unha parede parece que panda é que curva” sinala Lôpez. E que curva ou panda nesa época do ano? Curva ou panda o tempo coa chegada do solsticio de inverno, cando os días pasan a ter máis luz. Volvendo á pregunta de quen é o Apalpador, as respostas que foi encontrando o antropólogo non daban un aspecto físico concreto. “Dicían que baixaba das cembas ou fragas espesas que non deixaban ver nada, mais el viña envolto nunha luz, como un ser superior”.

José André explica que “o feito de vir envolto nunha luz, de vir nimbado, ten unha correlación coa aura atribuída aos santos, a Xesús e á Virxe María”, así como outras deidades e figuras mitolóxicas en distintas culturas. Por outra parte, apalpar é unha imposición de mans, como as feitas en diversas relixións con distintas funcións, sanar, bendicir ou outorgar calquera graza divina ou máxica. “A raíz do Apalpador está nun deus antigo que anunciaba o solsticio de inverno” sinala Lôpes. “Era un deus profiláctico, que buscaba traer un bo ano de fartura e alimento mediante dous actos, a imposición de mans e a chegada de máis luz para os días”.

“O acto de apalpar aos nenos facíao un parente, normalmente o pai ou a nai, quen deixaba unha presa de castañas para eles, porque era unha maneira de dicir que os nenos non deberan pasar fame” explica José André Lôpes. Os testemuños recollidos en audiovisual confirman as palabras de Lôpes, sendo en moitos casos os pais quen deixaban as castañas aos fillos e fillas.

HISTORIAS, REPRESIÓN E GLOBALIZACIÓN

“Foi Benigno da Casa de Cela, quen me contou que en Nadal subían ao monte, traían unha árbore grande para poñela no adro da igrexa ou da capela e prenderlle lume” rememora Lôpes. “Así botaban a Noite Boa e para o outro día pasaban o gando sobre as cinsas aínda quentes, para que houbese un bo ano ou non enfermasen”. O antropólogo ve aquí, na chamada Torada do Nadal, o correlato entre o solsticio de inverno e a Noite de San Xoán, o solsticio de verán, cando os días van perdendo luz pouco a pouco, e se bota a noite xunto ás fogueiras, lumieiras ou cacharelas acendidas pola xente.

O que chama a atención é a escasa pervivencia do Apalpador, Pandigueiro ou Apalpabarrigas, en Galicia, fronte á tradición de Reis Magos e logo a chegada do Papá Noel, Santa Claus ou San Nicolau. Nestes dous casos pode haber unha acción de sincretismo por parte do cristianismo, adoptando e adaptando dúas figuras aos seus ritos.

“Hai unha serie de paralelismos que van desde o San Nicolau, pasando polo Pai Inverno dos países eslavos ou o Joulupukki finés, o Esteru en Asturias ou Anguleru en Cantabria” enumera José Lôpes. Outra figura que é comparada co Apalpador é a do Olentzero vasco,  unha figura que para Lôpes ten unha función distinta. “O Olentzero anuncia a chegada do Nenos Xesús segundo Julio Caro Baroja, o Apalpador é o solsticio de inverno”.

Sobre a adaptacións de ritos anteriores ao cristianismo, accións sincréticas para achegarse máis aos pobos recén conversos, o Apalpador quedou fóra dese tipo de adaptacións. “Co Apalpador a Igrexa deixou facer, mais con outros ritos como a Torada do Nadal, existen bulas dos bispos de Mondoñedo prohibindo este tipo de accións” cousa que para José André Lôpes sería proba de que o Apalpador tamén era coñecido no norte de Galicia. O antropólogo e investigador conclúe que “non houbo represión sobre o Apalpador en comarcas da Montaña porque esas áreas estaban máis ailladas fisicamente”.

As críticas non tardaron en aparecer cando o Apalpador comezou a recuperarse por parte de asociacións e grupos de investigación. Desde que era unha copia “ao galego” do Olentzero a un “invento” nacionalista. “Hai vídeos en Youtube que poden demostrar a existencia deste personaxe, sinto que existe un odio cara a cultura galega moi grande por parte dalgúns sectores” sinala Lôpes en relación a “xente inmadura que non pasa de facer comparacións con outros elementos”.

A mágoa para José André Lôpes é o pouco interese que espertou no mundo académico galego o Apalpador. Outro temor do antropólogo son as consencuencias da globalización “que busca crear unha tábula rasa, quere eliminar imaxinarios populares”, cousa que traería a desaparición de tradicións antiquísimas en caso de non facerse un traballo de recollida e recuperación das mesmas. “O bo neste caso é que a tradición do Apalpador, grazas a asociacións culturais, está pasando do rural ás vilas e cidades, mais o rural esmorece e con el persoas que son verdadeiras bibliotecas”. Por iso este investigador pide présa para recoller todos os relatos que conforman o imaxinario galego antes de desapareceren.


José André Lôpez - Arquivo
José André Lôpez - Arquivo
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 26 comentarios

6 O apalpador

Onte repostei máis non o publicaron. Don feixistapaSogama, por exemplo en Sargadelos onde Ibáñez tiña unha ferreiría, nas contornas, xa sexa en Trasbar, Castelo... Tiña carboeiras nas súas fragas. Fragas que o homiño coidaba é repoboaba. Fragas de carballos. Hoxe en día atópanse restos das carboeiras. Mariña Patrimonio as ten atopadas. Non es máis ca un remendafoles troleiro.

1 CastelaoPaSogama

¿Cres que me importa algo o que pense sobre min alguén como ti? Ibáñez tería o que fose, pero por aí non hai memoria do apalpador. Onde si a hai é polo Courel, que era onde había ferreirías con xente procedente do País Vasco que importou o Olentzero.

2 Praceres

Pobre eminencia das silveiras, o difusionismo puro que ti predicas quedou reducido en antropoloxía a libros caducos xa hai moito tempo. Pois tanto pode vir o Apalpador do Olentzero, como ao revés, dun mito anterior común, paralelo co Julbock ou con Tomte, pode que tamén cunha parte do híbrido que forxou o Sinterklaas, redebuxado e difundido pola Coca Cola (iso si está comprobado). Que sexa carboeiro, madeireiro, pastor..., adaptado á idiosincrasia e ao medio de cada lugar é só unha anécdota (que ti a queiras resaltar só manifesta que sofres por ter nacido nunha terra, con cultura propia, que odias en profundidade). Logo, vai pola sombra!

5 CastelaoPaSogama

Pareceume ver moita maruja con pálpitos neste fío. Para documentar a presencia vasca nas ferrerías nas montañas de Lugo e Ourense no límite con CyL --que eran quen consumían carbón vexetal-- e a esperable importación do Olentxero, botádelle unha ollada a este tumbaburriños http://oppidum.es/oppidum-12-pdf/op...

1 Carmen Lastra

Claro, eminencia, por iso en Trives faltan do Pandigueiro, en Asturias do Anguleru, do Esteru en Cantabria, do Tió por Aragón e Catalunya, do Tientapanzas en Écija... Todos perigosos independentistas bascos disfrazados de ferreiros para desestabilizar a Sagrada Unidade do Imperio Perdido! Con Franco vivíase mellor, verdade?

2 CastelaoPaSogama

Sí, pero os pálpitos marujiles son os mesmos. Estamos a falar de Galicia ou do seu contorno, e certamente en Asturias, Cantabria ou León había vascos, que foron quen trouxeron ao Olentzero. Despois queixádevos de que o galego non ten referentes de prestixio e morre. Tamén é por isto.

4 Gamela

3 No me toquen a mis hijos

Nuevamente se quieren imponer al resto de Galicia tradiciones propias de una comarca concreta que jamás se celebraron en el resto.Si nos ponemos en ese plan hay motivos suficientes para justificar que, dado que Papa Noel se celebra en algunas partes de Europa, debemos celebrarlo en todo el continente ya que también todos somos europeos. Dejemos aparte que lo de tocar a los niños ajenos es algo de muy mal gusto.

1 O apalpador

Cando botades a lingua a pacer, manda carallo. O apalpador non pode poñer as mans na barriga os rapaces, máis o papa noel e os reis magos si poden coller os cativos no colo e confesalos. Sodes bos? Non fixestedes falcatruadas ?....... "La derechita indignada" , non sí ?

2 No me toquen a mis hijos

Apalpador, ví una ocasión como en la guardería de mi hija traían un viejo verde de esos y como tocaba a algunos niños en la barriga. Entendí la razón cuando me enteré que la directora era del BNG. Sólo te digo una cosa: si te acercas a mis hijos denuncia al canto.

3 O apalpador

Xa me decatei que eras de Vox, do PP ou de cs. Tanto ten. O voso non é o diálogo, é a denuncia. Non aceptades as tradicións galegas, máis si as que veñen da neve ou do deserto.

4 Gustavo

Le voy a contestar en su (presunto) idioma, para que lo entienda bien: tiene cierto mérito concentrar tantas estupideces, tanta ignorancia y tantos prejuicios risibles en tan pocas líneas de texto.

5 No me toquen a mis hijos

Apalpador. A ti no te van las tradiciones gallegas como son los Reyes Magos o la celebración de nuestras fiestas navideñas. A ti te va lo vasco y catalán ante lo que tienes un profundo complejo. Se nota mucho que eres del BNG, fuerza política marginal en trance de feliz desaparición que no es más que una triste imitación de ERC-Bildu.

6 O apalpador

Mi madriña, o vox me toquen. Vaia feixista tas feito. Cánto che paga Feijóo polo troleo? Tí si es patético. Unha tila, toma unha tila. Non poño máis pola resaca, vémonos meu.

7 Croio

Se tes a mente tan sucia e chea de miseria como para ver algo sexual ou suco na figura do Apalpador, son eu o que non te quere cerca das miñas crianzas... Es unha mente enferma.

8 Kunkeiro

"Tocar a los niños ajenos es algo de muy mal gusto" E logo tocar nos próprios si che.parece bem? Tes algo que confessar?

2 CastelaoPaSogama

Parece unha tradición local, de lugares onde se carboneaba en Galicia. No Courel crece un brezo que se usaba para carbonear. Non parece que haxa moitas outras comarcas galegas onde se carbonease. Un carboneiro que fixera carbón vexetal é tan exótico no resto de Galicia como o Papá Noel.

1 Carmen Lastra

O que é seguro, nin ten que ser necesariamente carboeiro, nada sabes do extendido oficio, nin coñeces o país. Tampouco che importa, o teu é trolear. Exóticos aquí son os renos e os camelos, a Fiesta de Abril en Samil ou falla valenciana polo San Xoán da Coruña. O asunto é trolear contra todo o que cheire a galego!

2 No me toquen a mis hijos

Carmen, la verdad es que dais miedo, pero está bien que habléis y escribáis sin bozal para que todo el mundo sepa lo que sois. Para vosotros, lo gallego es lo que concuerda con el Olentzero vasco, o con el régimen catalán del 3%. Sin embargo, vuestro apalpador nunca será algo a celebrar por todos los gallegos. Simplemente una imposición más del BNG que no debería haber salido jamás de las aldeas del Caurel donde si se celebraba. Galicia ni es homogenea, como vosotros queréis imponer, ni Quiroga es Hernani. Feliz Año 2020. Qué los Reyes Magos te traigan mucho carbón.

3 Narcosub

Carboeiros en Xermade, carboeiros na Fonsagrada, carboeiros nas contornas de Sargadelos... non adiviñas con qué quentaban os fornos de cocción da loza, ou as ferrerías ??

4 O apalpador

Vox me toquen, sa vexo que o da tila non funciona. Pois non sei que che recetar. O de mesturar herbas, que vexo que fumas, co metílico tampouco axuda. Non sei, quizais unha inxección para a rabia? Xa me irás contando. Bicos.

5 CastelaoPaSogama

Apalpadores, a produción de carbón vexetal era para consumo das ferreirias, que usaban un brezo arbustivo do que aproveitaban as raíces do tocón. Estaba limitado ás montañas de Lugo con León e un chisco en Ourense. Na costa de Lugo usaban o carbón vasco de Somorrostro.... porque, flipade, os oficiais das ferrerías, moitos dos propietarios, construtores e arrendatarios eran vascos. É, pois, moi probable, que Olentxero galego sexa unha mala copia do vasco, traído por xentes das ferrerías.

6 Carmen Lastra

Tanto proe o apalpador! Pois erras, xa cho explicaron, hai carboeiros por todo o país (igual reparar nos topónimos e microtopónimos xa abonda), facíase carbón por moitas comarcas aínda no século XX (por exemplo, en Sobrado dos Monxes, provincia da Coruña, con datos publicados no seu día por Fidalgo Santamariña). Demostrado, es limitadiño! E si, case seguro que o Olentzero e o Apalpador son parentes (desde moitos séculos antes de inventar Bildu e o BNG). Agora ocúpate un pouco do Tientapanzas de Écija, non vaia ser independentista ou rexionalista...

7 CastelaoPaSogama

Mira, nena, a xente non caiu dun guindo como para non saber que a historia nacionalista é toda inventada, nin quere ao Olentzero galego, entre outras cousas porque os publicistas do Olentzero galego son coma ti. Así de claro e crúo.

8 Casimiro

Hai que ser moi pobre de espírito para depois de ser pillado, insistir. Xa cho dixeron, até mediados do século XX había mazos, ferrerías e moitos ferreiros, sendo moito do carbón local, tamén no oeste de Lugo, en Pontevedra e até na Coruña. Ten que ser grande o prexuizo ou preconceito contra o todo o que sexa sospeitoso de galego, ou se prefires enorme o ódio racial ou o supremacia como españolista, para repetir o mesmo argumento. Pois claro que as histórias nacionalistas son inventadas, comezando pola española: Mío Cid Campeador, Don Pelayo, Covadonga, Santiago Matamoros, reyes godos a Reyes Católicos...