A USC tende a man á India para falaren de emprendemento feminino este luns

A xornada inaugural terá lugar este luns 13 de xaneiro ás 9,30 horas do Edificio Emprendia do Campus Vida.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/01/2020 | Actualizada ás 11:21

Comparte esta noticia

Unha vintena de representantes de 14 universidades, a maioría delas procedentes da India, participarán esta semana nunha iniciativa formativa da Universidade de Santiago de Compostela (USC) para mostrar a súa "experiencia" no fomento do emprendemento feminino no ámbito científico-tecnolóxico.

Segundo informa a institución académica, trátase dunha iniciativa desenvolvida no marco do proxecto 'Enprendia', no que participa o Servizo de Relacións Exteriores da USC coa colaboración do programa Woman Emprende.

A xornada inaugural terá lugar este luns 13 de xaneiro ás 9,30 horas do Edificio Emprendia do Campus Vida. Intevendrá a xefa do Servizo de Relacións Exteriores da USC, Anne Forryan.

Universidade de Santiago de Compostela
Universidade de Santiago de Compostela | Fonte: USC.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta