Ana Pontón di que pode ser a primeira "muller nacionalista" en ser presidenta da Xunta

Destaca que o proxecto do BNG é "solvente, autocentrado, inclusivo e capaz de gobernar" e critica que a alternativa sexa o PSOE porque é "igual submisión" a Madrid.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/01/2020 | Actualizada ás 15:18

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG e candidata á presidencia da Xunta, Ana Pontón, ten "o soño" de "unha maioría que ama o país" e que apoia a "unha muller nacionalista" para ocupar este posto tras as eleccións autonómicas de 2020.

Co respaldo dunha multitude de persoas, Pontón foi presentada este domingo como a candidata do Bloque á presidencia da Xunta, unha noticia que xa se coñecía pero que nesta xornada compartiu con centos de militantes e simpatizantes do partido que se congregaron no Auditorio Abanca de Santiago e que se encheu.

A protagonista do acto deixou claro que é "consciente" de que o "reto que temos entre mans é lograr unha auténtica revolución: conseguir a unha muller e a unha nacionalista como presidenta da Xunta de Galicia". Unha mensaxe que quere "facer chegar a todos os lados co corazón e a mente aberta e con argumentos para convencer".

Presentouse así como a candidata "que sabe que o desenvolvemento económico e social non pasa por submisión en Madrid", senón por maior capacidade de autogoberno desde Galicia. Unha idea que contempla o BNG, o partido que representa "o nacionalismo do século XXI, que mira ao futuro sen esquecer a súa historia".

Convida a todos os galegos que queiran "un cambio de rumbo" a formar parte do proxecto "solvente, autocentrado, inclusivo e capaz de gobernar" que define ao BNG, xa que recoñece que "de pouco serve ter ideas se non sabemos sacalas adiante", pero asegura que non van defraudar ".

NON SE TRATA DE "ALTERNAR O BIPARTIDISMO"

Unha das súas máximas é "derrotar ao Partido Popular", pero tamén asegura que "as seguintes eleccións non van de cambiar a un presidente" para pór outro "un pouco máis pogre, pero de igual submisión", en referencia a Gonzalo Cabellero (PSdeG). Ao seu xuízo non se trata de alternar un "bipartidismo que o que significa para Galicia é marxinalización e agravio".

"Galicia está farta dese bucle ao que condenan PP e PSOE" e o que necesita é "unha presidenta nacionalista que non obedeza a ninguén máis que aos galegos e ás galegas", engadiu. Desde a perspectiva de Pontón, a nación "non funciona" con responsables da Xunta "en mans de forzas políticas españolas" nin con "un presidente como Feijóo, instalado na incompetencia e na mentira" que agora que "sabe que o BNG está a subir como a escuma" compórtase como un "pitufo rosmón, sempre enfadado".

As críticas ao actual presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, non acaban aí, xa que a candidata nacionalista lembrou na súa intervención a noticia que supón a reapertura do paridoiro de Verín (Ourense) e a contratación de novos pediatras, unha decisión froito de "a resposta social masiva" que "evidenciou que todo era unha gran mentira do PP", que segue a "política da confrontación".

O BLOQUE DEIXA "SEMENTE"

Este é a mensaxe que a portavoz nacionalista trasladou a un auditorio que aglomerou por centos de persoas que apoian a súa candidatura. De feito, o acto tamén contou coa intervención de personalidades de diferentes ámbitos que tamén felicitaron e secundan a candidatura de Pontón.

Entre as voces que este domingo soaron no auditorio atopábanse o ex reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato; a escritora Ana Cabaleiro; a activista feminista trans Daniela Fernández; o mozo investigador Adrián Cordido; Alfonso Mouzo, traballador de Ferroatlántica, ou o médico do Hospital de Verín Eugenio Quintas.

A través das súas palabras trasladaron á candidata e a todos os presentes as preocupacións dos diferentes ámbitos da cultura, a ciencia, o activismo, a industria, a medicina ou as universidades. Con todo, se en algo coincidiron foi na idea de que o "BNG está a deixar semente neste país".

Acto de presentación do BNG de Ana Pontón como candidata á presidencia da Xunta
Acto de presentación do BNG de Ana Pontón como candidata á presidencia da Xunta | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

8 jmgu

E, xa postos, o fillo/a de ana pontón pode ser o próximo presidente de Cuba. Buscando desesperadamente impactar e ter protagonismo social

7 Valdeorras Nazón

Descarallome. Eu tamén podo ser o primeiro valdeorrés presidente da ONU

6 Casimiro

Pois se a família dos Marqueses de Galapagar vai xunta copando ministerios, sabedes se a situada familia Pontón vai ir a pares para altos cargos? Todo pola Pasta! E para a casta! Eu recomendo morder a língua, pois o PsoE davos de comer tanto a Podemos como ao BNG, sendo moitos os que agardades xubilarse na Casa Común da Esquerda de Mentira. Adiante coa Ana! Viva o postureo e a impostura!

5 nostrus

¿En que se diferencia el bloque de Vox?, son nacionalistas los dos, uno se fanatiza en diseñar como tiene que ser España y el otro se fanatiza como tiene que ser Galicia, uno se fanatiza en una nacion de verdad y el otro se fanatiza en una nacion de fantasia. Los dos ignoran las respectivas realidades internas de Galicia y España, pero el bloque es aún peor porque excluye y desprecia a la inmensa mayoria de compatriotas. España Si, nacionalismos NO, Galicia SI, nacionalismos NO. No seais cómplices de sus maldades.

4 un sitio mais grande please