Traballadores de Política Social denuncian que recibiron ordes para facer de "axentes de propaganda" de Feijóo

Din que se utilizou diñeiro público para "intereses partidistas" durante o Nadal.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 20/01/2020 | Actualizada ás 13:45

Comparte esta noticia

O Comité da Consellería de Política Social de Pontevedra denuncia que o pasado mes de Nadal, e por indicación da dirección deste departamento, traballadores de escolas infantís foron obrigados a facer "propaganda e publicidade" da Xunta e de Feijóo. "Manifestamonos en contra destas prácticas impresentables e da utilización do diñeiro público para intereses partidistas", di.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, visita a escola infantil de Santa Susana, en Santiago.. XUNTA
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, visita a escola infantil de Santa Susana, en Santiago.. XUNTA

A través dun comunicado, o comité denuncia que o pasado mes de Nadal estiveron pasando polas escolas infantís do Consorcio e mais da consellaría, fotógrafos profesionais para facer fotos de cada unha das crianzas matriculadas en todos os centros do país. "Un traballo que se fixo sen ter consideración as necesidades das meniñas e meniños e interrumpindo o seu ritmo diario", indica.

O obxecto das fotos, segundo a Consellaría de Política Social, era "agasallar as familias cunha felicitación de Nadal". Un agasallo que, viña, ademais, "acompañado dunha carta do señor Feijoo a cada familia". 

Ademais, denuncia que aos centros de traballo chegaron indicacións precisas para que "as traballadoras e traballadores ensobraran as fotos e maila carta, facendo así que, o persoal, fixese de axente de propaganda". E isto sucede, di, "mentres os centros de traballo non contan cos materiais necesarios (xoguetes, contos, etc.)", "graves deficiencias" nas instalacións ou falta de persoal. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta