Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 27/01/2020 | Actualizada ás 21:00
O filme galego 'O que arde' foi galardoado nesta pasada 34 edición dos premios Goya. Recibiu premios á mellor fotografía (Mauro Herce) e mellor actriz revelación (Benedicta Sánchez). Este segundo recoñecemento estivo suxeito a críticas.
O xornalista e escritor Pascual Serrano criticou na súa conta persoal de Twitter que o feito de darlle un Goya "a unha anciá galega por facer de anciá galega, non sei que ten que ver coa interpretación".
Yo, eso de que den un Goya de interpretación a una persona con discapacidad por hacer de persona con discapacidad o a una anciana gallega por hacer de anciana gallega, no sé qué tiene que ver con la interpretación.
— Pascual Serrano (@pascual_serrano) January 26, 2020
O seu chío causou o enfado entre usuarios galegos desta rede social. Moitos achacáronlle ao xornalista que "interpretar consiste en transmitir emocións do papel ao espectador, non de parecerse a alguén". Outros, ironizaron que, polo feito de ser unha anciá, ían ser todas iguais.
Como todo el mundo sabe, las ancianas gallegas son todas iguales: todas son aldeanas y todas tienen hijos expresidiarios. Ningún mérito, claro está.
— XurxoG 🆓 (@XurxoGuiti) January 26, 2020
Serrano chegou dicir sentirse "insultado" por algúns galegos e falou de "chauvinismo paleto" dos que o criticaron.
Es impresionante el chauvinismo paleto de algunos. Me están insultando algunos gallegos por este tuit, como si fuese diferente que se tratase de una anciana gallega o una anciana madrileña o andaluza.
— Pascual Serrano (@pascual_serrano) January 27, 2020
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.