Cambios na política lingüística da Radio Galega

A asesora lingüística da canle pública pasará a realizar labores de asesoramento e non só de corrección.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/01/2020 | Actualizada ás 20:35

Comparte esta noticia

A directora operativa dos Servizos Informativos da CRTVG, Pilar Bermúdez, acaba de remitir un comunicado interno aos traballadores da Radio Galego nos que lle informa de cambios no servizo de asesoramento lingüístico da canle pública a partir deste 27 de xaneiro para “mellorar a calidade do idioma no conxunto da emisión”.

Estudio da Radio Galega
Estudio da Radio Galega | Fonte: crtvg.es

Trátase de situar a asesora lingüística da RG como encargada da revisión do conxunto da programación da radio “tras as carencias detectadas nas 24 horas de programación de todas as canles de emisión”. Deste xeito, e segundo esta orde, alterarase a rutina habitual que seguía o Departamento de Informativos da canle pública.

A partir de agora, esta profesional realizará “recomendacións ou indicacións de obrigado cumprimento” sobre cuestións lingüísticas aos redactore,s pero deixará de ocuparse da “corrección total” dos textos.  Isto significa que os redactores que queiran corrixir un texto terán que solicitar a súa presenza.

Fontes da dirección consultadas por GC aseguran que estes cambios veñen motivados porque a correctora “pasa todo o día a corrixir efes e uves”. “Os redactores dispoñen do Ortogal, o traductor da Universidade de Vigo, para esas cousas e non pode ser que teña que ser a asesora en lingua galega a que teña que pasar todo o día a facer un traballo que por estatuto teñen que facer os redactores, que é escribir ben en galego”, apuntan. “Ela está para asesorar se hai dúbidas, pero non para exercer permanentemente de correctora de textos”, indican.

Outras fontes consultadas aseguran que o traballo dos asesores lingüísticos “é precisamente, corrixir o traballo do redactores” e non entende este novo cambio nin as novas tarefas que vai desenvolver. “A ver se serve para que axude aos colaboradores e tertulianos castelán falentes da radio, que son a maioría, a que falen mellor galego”, apuntan.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

4 Fede

Os que falan repetidamente da confusión entre relixión e lingua, son os mesmos que despois rin dos andaluces porque non falan o que eles cren que é o castelán "correcto". Supremacistas.

3 nostrus

"A ver se serve para que axude aos colaboradores e tertulianos castelán falentes da radio, que son a maioría, a que falen mellor galego". Unha vez mais amósase o afán evanxelizador da radio galega en torno a lingua galega. ¿Acaso os colaboadores e tertulianos castelanfalantes precisan ser evanxelizados?, si desexan falar galego poden facelo en liberdade

1 Didac

A liberdade pódese exercer mellor ainda con axuda. Normalizar unha lingua toma tempo. O galego ten que recuperar uso en situacions que estiveron proibidas por demasiado tempo. Benvida sexa calquera axuda, guía, corrección ou suxerencia. Pido disculpas polo meu galego non normativo, o aprendin oindo a miña nai falalo ca sua família pero desafortunadamente non me ensinou. Saludos

2 nostrus

Pois na miña casa meus pais eran galegofalantes e deles aprendin o galego, inda que nunca o estudiei porque nos meus tempos de estudante o galego non era lingua oficial. A min paréceme moi ben a oficialidade do galego para uso e disfrute da xente, pero estou en contra de tratalo como unha relixion, agás para aqueles que lle queiran dar esa categoria.

2 nostrus

La radio gallega deberia ser una radio que representara a todos los gallegos, puesto que es una radio publica pagada con los impuestos de todos. Deberia ser una radio bilingüe y a ser posible sin cuotas y el mensaje que deberia dar es que en Galicia ningún gallego tiene que cambiar su chip lingüistico.

1 Max Xenreira

As radios españolas deberían seguir esa mesma recomendación , deberían de ser cuatrilingues xa que que a pagamos todos os españois, así ningún español tendría q cambiar ningún chip. E non che digo máis se somos europeos e hai radios pagadas con fondos europeos pois deberían de falar en multilingüe xD

2 nostrus

Max Xenreira, pues si, las radios españolas deberian emitir en cuatrilingüe para toda España si las cuatro lenguas fueran comprensibles en toda España, pero no es el caso.

3 Sentidiño

E qué foi antes, nostrus, o ovo ou a galiña? Qué tal se a partir de hoxe iniciamos cento cincuenta anos de tetralingüismo oficial? Como sería logo a radio no ano 2170?

4 Aloiense

Non impliquemos uns con outros, todos temos a nosa parte de razón. O galego está desaparecendo. O que non queira ver isto, que abra ben os ollos. Temos un feixe de medios en castelán, por que haxa un que o faga exclusivamente en galego. Non creo que sexa a morte de ninguén. A CRTVG fai unha labor moi importante, de difusión e recuperación do galego. O meu fillo a escola que vai, de 134 nenos que hai en infantil, só 2 falan en galego...

1 vojkogz

Deixarám de dizer "imos a presentar" e "bueno"?