Falece un ciclista ao chocar cun camión en Bergondo

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 05/02/2020 | Actualizada ás 18:48

Comparte esta noticia

Un ciclista faleceu en Bergondo nun accidente de tráfico cun camión, segundo informou a Europa Press o 112 e recolle tamén a súa conta de Twitter.

Traballadores de ambulancias do 061
Traballadores de ambulancias do 061 | Fonte: xunta.gal

O accidente produciuse sobre as 15,30 horas no lugar de San Paio, na parroquia de Guísamo, na estrada que une Bergondo co encoro de Cecebre.

Desde o 112, informaron que o ciclista morreu tras golpearse co camión que o alcanzou. Ao lugar, acudiron efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que non puideron facer nada para salvarlle a vida.

Á zona onde tivo lugar o sinistro, trasladáronse tamén efectivos da Garda Civil, da Policía Local e dos Bombeiros de Betanzos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta