As dúas mareas afíns a Anova apostan por un acordo con Unidas Podemos aínda quen sen concretar condicións

Compostela Aberta e Marea Atlántica aproban un documento moi aberto que apoia "unha candidatura galega de unidade popular" sen especificar nin o peso, nin a importancia que estas mareas ou Anova terán nese espazo. Desde Podemos dan xa por feito o acordo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/02/2020 | Actualizada ás 22:31

Comparte esta noticia

As asembleas de Compostela Aberta e Marea Atlántica,mareas afíns e con forte participación de Anova, aprobaron este xoves senllos textos nos que se avalan impulsar unha candidatura de unidade popular, que, aínda que sen especificar siglas, apuntan a Unidas Podemos. 

Concretamente, a asemblea de Compostela Aberta, da que é portavoz Martiño Noriega, que á súa vez é o responsable das negociacións de Anova, deu decidido "apoiar e implicarse" nunha candidatura galega de unidade popular. Iso si, que sexa "representativa do conxunto do espazo" e na que se "garantan vías" para a súa participación no proceso electoral de próximo 5 de abril.

En todo caso, a resolución acordada non se pecha a ningún escenario final e ten un segundo punto no que, no caso de que a candidatura de unidade "non sexa viable", está previsto reunir de urxencia de novo á asemblea para decidir o "nivel de implicación da organización nas eleccións" autonómicas de abril.

A proposta, segundo fontes da asemblea cidadá consultadas por Europa Press, saíu adiante por unanimidade e asentimento do medio cento de persoas que acudiron a este encontro a apenas 24 horas de que se peche o prazo para a inscrición de coalicións electorais.

A Rede de Marea Atlántica, sinala o seu texto, "aposta por participar nunha candidatura galega de unidade popular representativa do conxunto do espazo de cambio e na que se garanta unha representación suficiente do municipalismo" e da coruñesa, cuxo referente político foi o exalcalde Xulio Ferreiro, en particular.

Ademais, o acordo, ao que tivo acceso Europa Press, apunta que a Rede de Marea Atlántica volverase a reunir este venres para, ou ben informar de se hai un acordo de candidatura ou, de non habelo, decidir a participación nas eleccións do 5 de abril.

Os acordos de ambas as asembleas municipalistas tradúcense nun pulo a Podemos e Anova para que frutifique unha candidatura na que, ademais da formación morada e Esquerda Unida, estean presentes tamén as mareas municipalistas, singularmente a compostelá e coruñesa, pero tamén outras máis pequenas e que manteñen gobernos en municipios máis pequenos.

CONVERSACIÓNS INTENSIFICADAS

Nas últimas horas intensificáronse as conversacións, teléfonicas e con encontros de varias horas, entre os referentes de Podemos e Anova, Antón Gómez-Reino, que se perfila como candidato á Xunta desta confluencia, e Martiño Noriega, respectivamente.

Se hai unha semana as posturas estaban máis afastadas, os acontecementos que se sucederon despois de que Gómez-Reino anunciase que se presentaba ás primarias de Podemos Galicia para ser candidato á Xunta, sen deixar o escano no Congreso, tiveron un xiro nos últimos días.

Martiño Noriega e Xulio Ferreiro xuntos na Coruña.. MAREA ATLÁNTICA - Arquivo
Martiño Noriega e Xulio Ferreiro xuntos na Coruña.. MAREA ATLÁNTICA - Arquivo

De feito, Anova pasou de criticar duramente as condicións impostas por Podemos a ser moi receptivo a elas. As duras críticas de Martiño Noriega ao partido morado o pasado domingo quedaron en nada tras as converas que mantivo con Gómez-Reino nos últimos días. De feito, desde Podemos dan xa por feito que haberá acordo con estas dúas mareas e con Anova, aínda que baixo as súas condicións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

3 san pedro de alcantara

as condicions son tan "tremendas" que efectivamente non se poden concretar....

2 Sucker - Berg

Villares pode que aínda leve outra...

1 Gamela

Mira que rápido rematou o conto (logo da desaparición de Villares) ! Agora só imos ver cantos miles de votantes perde o "papaostias" de Toné e cantos votos acapara Eva Solla (?) Cantos galegos están dispostos a seguir mantendo a esta tropa no Parlamento galego ? Se pensamos para que serviron os cinco anos da Marea de Vigo e se miramos ao pobre concelleiro do BNG (atado polos acordos do BNG con Carmela Silva) preguntamos aos galegos se queren darlle o goberno da Xunta ao sobriño de Abel Caballero ?

1 Bateiro

A farinha que levas na gamela faite dano. A preguenta no é esa, é se queremos darlle o goberno ó narco mafioso feijoo-dorado? Pero, ti o teu, que é o que te importa.

2 Gamela

A pregunta é se queremos pasar o resto da vida chorando polo Reino que perdemos, axeonllados ante dos sartegos de Santo Domingo de Bonaval (UPG) ou somos quen de atopar unha saída ao labirinto deste terra que temos baixo os pés ? Eso é o que verdadeiramente importa !!! O demáis sonche palabras que leva o vento! http://lugoxornal.gal/politica/1984... Saúde

3 patético

E logo non creedes que a resposta a todas as vosas preguntas pasa por deixarvos de facelo par-vo como leva facendo o galeguismo/nacionalismo 100 anos e pensar por primeira vez na historia deste país en Galicia e únicamente en Galicia.... senon sodes quen de poñer negro sobre branco 10 propostas de país nas que coincide o nacionalismo galego é que non estades capacitados para gobernar... cuestión que é evidente a día de hoxe...

4 Gamela

Non estou seguro de entender o que queres dicir ? Criticas as posicións "nacionalistas" e logo falas de propostas de país (únicamente en Galicia) ? Se plantáramos cara a despoboación do rural igual poderíamos darlle valor a tódalas leiras e montes abandonados... e non esquezas que vivimos nun mundo tan desigual que habería centos de miles de persoas "cualificadas ou menos cualificadas" dispostas a vivir en Galicia e salvar a vida producindo valor nesta terra ! (eso supoño que non lle interesa nin ao PSOE nin ao BNG e lamentablemente tampouco ás Mareas polo que se vé nos últimos meses...) Galicia precisa con urxencia persoas dispostas a traballar e recuperar a vida das aldeas abandonadas... https://i.gal/gamela13 Pero semella que ningún partido está disposto a falar do tema !