O oso de Salcedo, como a turistización pode cambiar a esencia do Entroido
"A xente máis vella lembra un Oso ben diferente, un Oso máis seu xa que logo era o día do entroido onde a veciñanza de Salcedo gozaba da mascarada na máis estrita intimidade do pobo. Pero foron quen de vivir unha transformación que lle restou moito significado á mascarada do Oso", son as reflexións de Felipe Castro, veciño e investigador local da Pobra do Brollón.