Protesta en Vigo contra os Orzamentos do Estado

Os convocantes denuncian que estas contas aumentan a desigualdade social e favorecen a unha "minoría privilexiada".

Por Galicia Confidencial | Vigo | 24/10/2012 | Actualizada ás 00:15

Comparte esta noticia

Baixo o lema 'contra o capitalismo e a súa austeridade', un grupo de cidadáns vigueses concentrarase na Farola da cidade (cruce das rúas Príncipe, Urzáiz e Colón) en sinal de protesta contra os presupostos xerais do estado para o 2013.

Concentración en Vigo para esixir a liberación de Manuel Quinteiro
Concentración en Vigo para esixir a liberación de Manuel Quinteiro

Será o vindeiro xoves 25 de outubro ás 20:00 h. Con esta concentración, a cidadanía viguesa quere unirse ás protestas que nestas datas terán lugar noutras cidades de España por este motivo.

Recorte de liberdades

Dita mobilización coincide coa última xornada de debate para a aprobación definitiva dos Orzamentos xerais para o ano 2013. Uns Orzamentos que, segundo este colectivo, "destinarán unha porcentaxe desproporcionada" ao pago da débeda contraída pola elite económica. "As irregularidades cometidas polo sistema financeiro e as grandes empresas e multinacionais pasan hoxe factura á cidadanía en forma de recorte de liberdades e dereitos básicos", sinalan nun comunicado.

Así, denuncian que estas contan aumentan a desigualdade social. "Os ricos son cada vez máis ricos e os pobres cada vez máis pobres como resultado das políticas neoliberais que o goberno ven adoptando", din sobre unha situación que favorece a "unha minoría privilexiada".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

5 Carril Bici

Pois eu o que non penso é quedarme parado e que me pasen por riba. Coincido en que hai que facer manifestación unnitarias, pero se só hai un grupo interesado neste punto. Pois olé por eles! Outra cousa, que é comprensíbel é o tema do cansanzo. Pero precisamente. A día de hoxe eu creo que a xente debe gañar os dereitos na rúa non nas urnas. Que está claro non teñen nada que ver co a realidade social. O PP obtivo 1/4 dos votos totais posibles, e obtén máis dun 50% de escnos. Conclusión: sistema electoral completamente desfasado e obsoleto. Así que si, eu móvome, para onde sexa!

4 taliesin

Problema: a xente se demoviliza! E hai que comprende-lo. Acho que é preciso convocar menos movilizacións, unificando as diferentes protestas sectoriais, e máis contundentes.

1 MAQ

Ti eres xente... Ti te desmovilizas?... De cada un de nos depende manter o tipo, ou irse... Fai o que ti creas, ainda que te pareza que estás só...

3 Nunca Máis

Levo seis meses manifestándome casi que semanalmente, pedindo que non toquen a sanidade, que manteñan as pensións... e os xubilados, que son os que máis usan a sanidade e son os beneficiarios das pensións, votan en masa ao PP. Que lles den. Non penso manifestarme máis que polo Celta se chega a baixar outra vez a Segunda.

1 MAQ

Quizais temos que facer algo mais que manifestacións!... Quizais deberíamos non consumir, non usar o coche, non pagar os impostos nin os recibos da luz, do banco, non poñer nin a radio nin a TV... Non ir o futbol, nin o cine, Estar todo o día na rúa, de festa, entorpecendo o tráfico,xugando e bailando, compertendo camidas caseiras, intercambeando cousas, e axundanos mutuamente...

2 Luis López

despois de ver o do outro día non Volvo a unha manifestación.

1 MAQ

Deberías explicar o que viches... E analizar por que ti estabas alí, cal era o propósito... Tamén decir cal é a tua alernativa,e pensar que o verdadeiramente importante é o obxectivo que se pretende alcanzar con as "manis"...

1 farto

favorecen unha minoría

1 MAQ

Si, son minoría, pero os que somos a maioria, nin sequera nos manifestamos maioritariamente, pois a xente non sabe que sair a rua serviría para demostrar onde está a maioria... Non basta con estar na manifestación... Temos que explicar aos que non van como se interpreta a súa pasividade: sirve para decir que os que salimos a rúa somos poucos. (A pesares de que nas eleccións, tiveron menos votos que nunca, e si teñen maioria no parlamento, e polo inxusto método que se aplica)