A Xunta decreta o estado de emerxencia sanitaria: comercios e bares pechados agás os de alimentación básica

Cafeterías, bares, restaurantes, pubs, discotecas e grandes superficies estarán pechados durante 14 días como mínimo. Tamén haberá limitación de aforo a funerais e tanatorios."Pode afectar aos dereitos da cidadanía", asegura Feijóo.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/03/2020 | Actualizada ás 20:49

Comparte esta noticia

A Xunta activou este venres, e por primeira vez na historia da autonomía galega, o estado de emerxencia sanitario que implica o peche de todos os comercios, agás aqueles adicados á alimentación como panaderías, froiterías, pescaderías, carnicerías ou quioscos.

Feijóo, antes de comparecer ante os medios tras o Consello da Xunta. Xunta de Galicia
Feijóo, antes de comparecer ante os medios tras o Consello da Xunta. Xunta de Galicia

Así o anunciou nunha comparececia de prensa a través de Internet, e tras un Consello da Xunta extraordinario, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que defendeu este decreto pola situación de alerta sanitaria que vive Galicia e o conxunto do estado. 

Nos casos dos servizos de recollida de produtos nestes locais, Feijóo explicou que debe manterse unha distancia de seguridade para evitar contagios e que a permanencia no establecemento debe ser "a estritamente necesaria". Non están afectados por esta medida os servizos de restauración dos hoteis, sempre que só sirvan para clientes, e os establecementos de instalacións de servizos públicos.

Feijóo suliñou que a activación deste estado de emerxencia –que pode variar en función do estado de alerta que se fará efectivo mañá no conxunto do estado-- “pode afectar aos dereitos da cidadanía” xa que a Xunta estará capacitada para “dar avisos a poboación afectada, para a evacuacion e asistencia social, para o control de accesos e para a seguridade cidadá”.

Este decreto habilita á Xunta para pechar bares, restaurantes e cafeterías durante 14 días, agás aquelas que sirvan envíos a domicilio. O peche non afectará aos restaurantes dos hoteis, sempre e cando sexan só para uso dos clientes. Tamén se pecharán todo tipo de comercios e grandes superficies, agás aquelas que teñan sección de alimentación e tendas de alimentación básica como froiterías, panaderías, carnicerías ou pescaderías, ademais das gasolineiras, farmacias e quioscos.

Ademais pecharanse cines e teatros, salas de concertos, auditorios, recintos feriaiss, centros de ocio, pubs, furanchos, centros de ocio infantís, ximnasios e tamén albergues do camiño.

FUNERAIS

O decreto tamén limita a asistencia a funerais. Así, o aforo máximo permitido será dun terzo do espazo e só estará permitida a presenza de 50 persoas por enterro. “As medidas están tomadas para que, con carácter xeral, a xente permaneza nos fogares e queden cubertas necesidades básicas de alimentación e produtos sanitarios”, suliñou Feijóo.

Para iso habililitarase un Centro de Coordinación Operativo (CEPOP) que estará dirixido polo propio Feijóo e que contará coa presenza do conselleiro de sanidade, vicepresidente, delegado do goberno, responsables das consellerías, responsables de emexencias e representantes de Garda Civil, Policía e Policía autonómica.

O presidente galego explicou que esta decisión se apoia en base a criterios científicos e na experiencia doutros países e zonas máis afectadas e tamén nas recomendación de organismos interanacionais que piden “medidas más agresivas” e tamén “se inscribe na folla de ruta do Goberno central”. “É unha situaicón nova e descoñecida e o mellor que podemos facer é o distanciamento social. Que non haxa aglomeracións, que a xente evite a circulación e quede na casa respetando distancias prudenciais”, indicou.

Este decreto poderá implicar a reorganización dos servizos administrativos e orzamentarios necesarias. Ademais, o vicepresidente xa se puxo en contacto co delegado do goberno e, ata que se active o estado de alarma, pediulle que se poñan as forzas de seguridade ao servizo destas decisións para que non se produzan concentracións de xente. “Son consciente que o distanciamento social é difícil e cambiar iso é complexo pero non se pode aprazar. Facemolo polo ben de todos para que o virus avance con menor progresión e porque nas últimas horas moitos cidadáns se trasladaron a Galicia”, dixo.

OS QUE VIÑERON A GALICIA

Feijóo evitou concretar medidas severas contra os cidadáns que nos últimos días e horas se trasladaron a Galicia, especialmente, procedentes de Madrid, pero pediulles “prudencia”. “Que saiban que aquí non poden vir de vacacións a bares e cafeterías”, dixo.

“Aquí se aplican as mesmas restriccións que as súas zonas de orixe e pedimos a todos os galegos e a esta xente en especial que queden na casa”. Feijóo insinstiu en aplicar as mesmas condicións para toda Galicia porque senón, dixo, “estamos estendendo o virus por todo o territorio nacional”.

MOBILIDADE

Tamén descartou restricións de mobilidade. “Non hai medidas de confinamiento obrigatorio nin corte de estradas. Recomendamos non viaxar, agás que sexa necesario. Non imos illar a ninguén”, dixo.

TELÉFONO

O presidente galego tamén se referiu aos teléfonos de asistencia con problemas de saturación nas últimas horas. Así, dixo que se a xente quere información pode consultar a web www.coronavirus.sergas.gal. O número 900400116 dixo que é para as persoas que teñan síntomas do virus e o 061 para as urxencias médicas. “Nos próximos días habilitaremos teléfonos para que todos usuarios poidan ser atendidos no centro de saúde”, indicou.

COMPENSACIÓNS

Do que non quixo falar Feijóo foi das compensacións aos sectores afectados. Así, dixo que estudan xa a s estudando devolución de taxas para os que non poderán utilizar garderías e centros de maiores. Pero sobre as indemnizacións por peche de establecementos e empresas, ou comercio asegurou que haberá que agardar “ao alcance e contido que se diseñe para o conxunto de España”.  

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 3wee

Que pechen o Cebreiro e o Manzanal, antes de chegar o nivel madrileño.

1 Gamela

Experimento Social con BigData Exactamente quen está mercando a Débeda Pública durante estes meses de tolemia colectiva? https://vientosur.info/spip.php?art... Alemania regalando 500.000 millóns (?) e aquí pensan que van resolver con catro patacóns (?)