Por Galicia Confidencial | A Coruña | 03/11/2012 | Actualizada ás 00:00
"Imagínense, con la que está cayendo, tener un montón de hijos. Es el caso de la familia Vidal-Pardo Lado, que tienen tres niños pequeños, y que ayer recibió en el Hipercor de Marineda una ayuda en forma de carro de la compra con productos de primera necesidad cedidos por empresas de la comunidad y valorado en 300 euros. Todo gracias al programa objetivo 2000, puesto en marcha por El Corte Inglés y AGAFAN (Asociación Galega de Familias Numerosas)". Así titulaba a información La Voz de Galicia, que, sen embargo, e segundo o blog exvoz, ademais de facer publicidade encuberta de El Corte Inglés e do Hipercor, non informaba de que os afortunados eran José Vidal Pardo, Secretario Xeral da Consellería do Medio Rural e do Mar e a súa muller, Cayetana Lado Castro-Rial Directora Xeral da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia.
Ambos os dous gañan mensualmente un soldo cercano aos 8.000 euros ao mes como altos cargos da Xunta. "Con información deste tipo non é de estrañar que a prensa estea en crise, o incrible é que non entre en barrena. Alguén dixo que non hai que deixar que a realidade estrague unha boa historia, niso estaría a pensar o autor ao dar semellante información. Ler o xornal ultimamente é entrar nunha realidade Matrix total", apunta Ángeles García Portela no seu blog El Otro País.
Un sorteo raro
Nos dous blogs chámase a atención de que, curiosamente, o sorteo de AGAFAN sexa gañado por unha familia cuns ingresos que superan en máis de seis veces os ingresos medios dunha familia galega.
Precisamente, esta información tenlle servido a Exvoz para abrir unha nova sección sobre "as máis sobresalientes ou descacharrantes noticias ou artigos" deste xornal. "Un lector de ExVoz deixou un comentario ao pé deste texto para proporcinar outro exemplo de que La Voz se está convertendo nun panfleto comercial, promocionando coma se de información tratásese unha central de vendas; ver "Irrompe en Galicia o cuponeo, a moda que arrasa no medio mundo". O que abre un interrogante: que participación ten La Voz de Galicia SA nese negocio, ou canto cobra por vender publicidade coma se de información tratásese? E se a empresa editora do xornal non saca tallada por difundir esa publicidade, o asunto é máis grave, pois iso significaría que os xestores de La Voz de Galicia SA son "comercialmente parvos" ou... seica son eles os que a título persoal reciben unha "compensación" da central de vendas publicitada, en lugar de beneficiarse La Voz de Galicia SA?", ironiza este blog de ex traballadores de La Voz.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.