Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 23/03/2020 | Actualizada ás 13:25
As redes sociais recollían o pasado venres unha petición dunha docente para doar material de limpeza, sobre todo luvas de goma, puchos de cociña, batas e mesmo material desinfectante, para o persoal sanitario dos hospitais. O obxectivo é cubrir a demanda de equipos de seguridade (EPIs) e evitar os contaxios por coronavirus.
“Centros das provincias da Coruña e Lugo comezaran a doazón pola súa conta antes deste chamado”, di Xesús Bermello de CIG-Ensino. Ademais, o representante sindical considera que a iniciativa de doar o material almacenado xa “tería que partir da mesma Consellería de Educación”.
“A iniciativa partiu dunha profesora que veu como o seu centro dispuña de material alamacenado moi útil para persoal sanitario” di Paula Carreiro de UGT-Ensino. “Nalgúns centros fíxose inventario de material, sobre todo en centros de FP con ciclos sanitarios e Universidade” di Luz López de CC OO-Ensino. “Non obstante, o equipo directivo dun centro é quen para facer a doazón”.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.