Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 26/03/2020 | Actualizada ás 11:44
Veciños e veciñas de Corme Aldea, no Concello de Ponteceso, anuncian que continuarán coa presentación de alegacións ao proxecto de parque eólico no lugar de Salgueiras e está promovido pola empresa Norvento S.L.
O motivo é a publicación o pasado 27 de febreiro no DOG da Declaración de Impacto Ambiental (DIA) relativa ao proxecto do parque eólico. Logo disto, veciños e veciñas deron resposta convocando xuntanzas de carácter informativo, pois entenden que esta publicación “significa que a empresa está reactivando os trámites administrativos relativos ao proxecto”.
Ademais disto, denuncian que a DIA presentada pola Dirección Xeral de Minas e publicada en 2020, é unha declaración ambiental formulada en 2016. Desta maneira piden a actualización da Declaración de polo que a DIA debe ser actualizada.
Este grupo de veciños e veciñas considera moi preocupante que a área onde se proxecta implantar o parque eólico estea perto de zonas de especial conservación a nivel meidoambiental e paisaxístico. Estas áreas son a Zona de Especial Conservación (ZEC), Zona de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN) e Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA).
A instalación do parque eólico tería indicencia directa en lugares como o Monte Branco ou o Esteiro do Anllóns, así como unha afectación directa a entidades de poboación como Guxín, Gondomil, Froxán, Corme Aldea, a aldea de O Couto ou Corme Porto ou aquelas que se atopan ubicadas na Ría de Corme – Laxe.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.