Aumentan en 282 os infectados, as altas suman 187 e os mortos 97

O balance de falecidos na Coruña é de 34, en Ferrol 8, en Santiago 13, en Lugo 7, en Ourense 14, en Pontevedra 8 e en Vigo 13.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 31/03/2020 | Actualizada ás 12:02

Comparte esta noticia

Os infectados por coronavirus COVID-19 en Galicia aumentaron entre este luns e martes en 282, o que eleva a 3.758 o número de casos, con 187 pacientes que xa recibiron a alta.

Así o informou este martes a Consellería de Sanidade, que concretou que do total de pacientes positivos 147 permanecen en UCI, 822 en unidades de hospitalización e 2.789 no domicilio. Ata a data en Galicia rexistráronse 187 altas e 94 falecementos de persoas co virus.

Dos casos rexistrados, 817 corresponden á área sanitaria da Coruña; 371 á de Lugo; 520 á de Ourense; 366 á de Pontevedra; 928 á de Vigo; 547 á de Santiago e 209 á de Ferrol.

O número de probas para detectar o COVID-19 realizadas en Galicia ascende ata a data a 17.276, confirmou a Consellería de Sanidade.

Posible infectada de coronavirus sendo atendida en Urxencias / @miguelnuñez Entrada en Urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo por casos de coronavirus / © Miguel Núñez. Entrada en Urxencias / © Miguel Núñez.
Posible infectada de coronavirus sendo atendida en Urxencias / @miguelnuñez Entrada en Urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo por casos de coronavirus / © Miguel Núñez. Entrada en Urxencias / © Miguel Núñez.

PERSOAS FALECIDAS

A morte dun home de 84 anos e dunha muller de 73 que estaban ingresados no Hospital Público de Valdeorrase o falecemento dun home de 77 anos que permanecía no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) elevan o número de vítimas mortais con coronavirus en Galicia a 97.

Este tres falecementos, dos que informaron as autoridades sanitarias, súmanse aos oito rexistrados este martes cando tamén faleceron tres mulleres de 92, 83 e 75 anos, así como dun home de 92, que estaban ingresados no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Nas últimas horas tamén morreu un home de 81 anos atendido no Hospital Montecelo de Pontevedra; dous homes de 77 e 70 anos asistidos no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) e outro de 71 ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (Chus). Este últimas oito vítimas mortais presentaban patoloxías previas.

Desta forma, os falecidos na área sanitaria da Coruña son 34, na de Ferrol 8, en Santiago 13, en Lugo 7, en Ourense 14, en Pontevedra 8 e en Vigo 13.

XORNADAS ANTERIORES

A xornada do pasado luns foi na que ata o momento se rexistraron máis mortes en Galicia de persoas infectadas por coronavirus, cun total de 17 falecidos.

O reconto oficial de vítimas mortais en Galicia en relación á pandemia elévase a 94 falecidos, sen ter en conta ao bebé que naceu morto no Hospital Teresa Herrera da Coruña, onde se lle practicou unha cesárea de urxencia á súa nai, de 37 anos, que tampouco puido salvarse. Segundo o Servizo Galego de Saúde, esta muller deu positivo na proba para detectar o COVID-19.

Tanto o domingo, como o sábado e o xoves da semana pasada rexistráronse en Galicia dez falecidos nunha soa xornada en relación co COVID-19. Ata este luns esa era a maior cifra de mortes computadas nos balances oficiais nun só día na autonomía.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta