Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/03/2020 | Actualizada ás 20:55
Finalmente, e tras máis de un día de incendio, a Xunta deu por extinguido o lume declarado na tarde do luns na parroquia de San Vicente de Leira, no municipio ourensán de Vilamartín de Valdeorras, e que queimou case hectáreas.
Diso informou a través de Twitter a Consellería do Medio Rural, que explicou que este lume, que permanece controlado desde as 12,54 horas deste martes. No seu control participaron catro axentes, 10 brigadas, catro motobombas e un helicóptero.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición do a cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que se debe chamar no caso de detectar algún incendio. Ademais, existe un teléfono gratuíto e anónimo para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria, o 900 815 085.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.