Un equipo de psicólogos especializados atenderá a cidadanía galega a través do 112

O servizo será accesible as 24 horas do día durante os sete días da semana para tentar contrarrestar a soidade e o illamento social que poden provocar ansiedade e tensión.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/04/2020 | Actualizada ás 18:13

Comparte esta noticia

O equipo de psicólogos do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) estará dispoñible para atender a cidadanía galega a partir deste luns a través do 112.

A Xunta implantou este sistema de atención porque a situación de confinamento provocada pola crise sanitaria actual pode supor un "grave impacto no benestar psicolóxico e na saúde mental". Así o especificou este domingo o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, que a partir do luns prestará este servizo que será accesible as 24 horas do día e o sete días da semana.

Os especialistas nesta materia explican que a situación actual "pode provocar altos niveis de tensións ou ansiedade derivados do confinamento e da falta de apoio da rede habitual" das persoas. As mesmas consecuencias tamén se deben á soidade, o illamento social, os problemas laborais e as situacións de sufrimento pola hospitalización ou perda de seres queridos afectados pola enfermidade de coronavirus, destaca esta institución.

Por todo isto, a cidadanía debe saber que o equipo de psicólogos e psicólogas sanitarias e clínicas están preparados para atendelos, xa que contan cunha "ampla experiencia no campo da intervención en situacións de crises".

OFRECER ATENCIÓN E RECURSOS

O seu traballo estará en estreita coordinación co do Sergas para derivar a aquelas persoas que requiran dunha atención máis especializada, precisou este Colexio Oficial. Todos tratarán de "minimizar o impacto nas persoas afectadas, restaurar as súas capacidades e ofrecer recursos para que poidan resolver da forma máis eficaz" os problemas de cada persoa.

Ademais, tamén facilitarán recursos para traballar nestas circunstancias e evitar posteriores problemas psicolóxicos, realizarán tarefas de autocoidado de grupo para tratar de diminuír a tensión e asesorarán sobre o impacto psicolóxico nos colectivos máis afectados.

Equipo de psicólogas do GIPCE atendendo a unha persoa. COLEXIO OFICIAL DE PSICOLOXÍA DE GALICIA
Equipo de psicólogas do GIPCE atendendo a unha persoa. COLEXIO OFICIAL DE PSICOLOXÍA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta