A RAG adía os actos das Letras Galegas ata o 31 de outubro

O plenario dedicado a Ricardo Carvalho Calero cadrará coa data do 110 aniversario do seu nacemento.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/04/2020 | Actualizada ás 14:26

Comparte esta noticia

A Real Academia Galega decidiu pospor o pleno extraordinario que cada ano se celebra polo 17 de maio ata o mes de outubro, unha medida inédita e sen precedentes na historia da institución, que este ano dedica as Letras Galegas á figura de Ricardo Carvalho Calero.

As consecuencias da crise sanitaria polo COVID-19 obrigaron á institución académica a pospor tanto este pleno extraordinario como todos os actos que estaban previstos nas datas previas, que quedarán para despois do verán.

A data elixida para celebrar o pleno será o 31 de outubro, xusto o día despois da conmemoración do 110 aniversario do nacemento do intelectual ferrolán.

Ricardo Carvalho Calero. ARQUIVO RAG - Arquivo
Ricardo Carvalho Calero. ARQUIVO RAG - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta