Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 10/04/2020 | Actualizada ás 17:05
Colectivos ambientalistas de Ponteceso e da área da ría de Laxe-Corme, anuncian que seguirán presentando alegacións contra o parque eólico Salgueiras. O proxecto, ideado pola empresa Norvento, estaría situado no Monte Branco, unha zona incluída dentro da mesma ría.
Logo de publicarse a Declaración de Impacto Medioambiental o pasado 27 de febreiro no DOG, sobre o parque eólico, o colectivo Xente do Rural sinala que a veciñanza convocou xuntanzas informativas e organizándose con outros colectivos. O obxectivo último é a paralizacion do proxecto eólico da empresa Norvento. Este proxecto estaría a carón doutro parque eólico xestionado pola empresa EDP.
Este motivos levaron á presentación de alegacións ante a Xunta de Galicia para solicitaren a suspensión provisional do proxecto. Para iso, apuntan a desactualización lexislativa da DIA, que se formulara en 2016 e por tanto piden a revisión da mesma.
Ao mesmo tempo solicitan toda a información do expediente para saber se realmente se teñen en conta todos os elementos afectados na zona. De ser así, pediríanse cambios en relación á instalación do Parque. Todo isto mesmo tendo en conta o actual estado de alarma polo coronavirus.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.